Venres. 26.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober despide o ano con sorriso

Fisober FSF
FSF: O Fisober despide o ano con sorriso

Recibía ao cadro ourensán no Conco o Fisober para pechar o ano. O primeiro equipo pechaba con triunfo unha tarde de fútbol sala no Conco cun tres de tres tralas vitorias do infantil e cadete masculino nos partidos anteriores da tarde, deixando un gran sabor de boca para este Nadal.

Con estes 3 puntos ademais, supera ao propio cadro do Cidade das Burgas B, escapa da zona perigosa e se sitúa na 9ª praza con 17 puntos.

Liga Autonómica-Preferente, xornada 13

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – CIDADE DAS BURGAS B (6-1).
  • FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, Carre, Nuriña , tamén xogaron: Lucía Martínez, María Dumbría, Uxía, Saray, Lucía Canosa.
  • Goles: 1-0 min 3 Paula Fandiño, 2-0 min 7 Carre, 3-0 min 18 Lucía Martínez, 4-0 min 19 Adriana, (descanso), 5-0 min 24 Lucía Canosa, 5-1 min 37 Gagayzabal, 6-1 min 39 Carre.

Aínda que o partido comezaba igualado, un empurrón e un penalti sobre Paula Fandiño que ela mesma transformaba aos tres minutos rachaba o encontro moi pronto. Aos sete minutos despois dun saque de esquina e unha xogada de pizarra era Carre a que facía o segundo gol costeiro.
O Burgas non se rendía e tiña dúas boas ocasións, a primeira despois dun roubo en tres cartos de pista e a segunda cun lanzamento ao pau. Uxía enviaba para Lucía Martínez quen non era quen de materializar, pero si o fixo pouco despois a pase de Adriana para poñer o tres a cero no electrónico. E case sen pestanexar desta vez un pase de Nuriña era rematado por Adriana para facer o cuarto gol costeiro co que se chegou o tempo de lecer.

A segunda metade comezaba cun envío de Lucía Canosa para Uxía que desbarataba a porteira visitante. Unha Lucía Canosa que filtraba desta vez para María Dumbría que case marca. E o terceiro pase perigoso de Lucía Canosa era aproveitado por Uxía para facer o quinto gol local.
As visitantes poñían tamén a proba a Sharay, mentras que as costeiras non aproveitaban unha cesión. O partido abreuse e tíñamos ocasións en ambas porterías. Polas locais Adriana e un dobre envío de Saray para Lucía Martínez que non acababan en gol de miragre.
A pouco do fin chegaba o gol das visitantes que era respostado co sexto gol costeiro obra de Carre.

Carre co Fisober
Carre

Novas do FSF

Crónicas do FUTFEM

Comentarios