Venres. 18.06.2021
El tiempo

FSF: O Fisober non pode coa súa besta negra

Ana e Adri do Fisober
Ana e Adri do Fisober
FSF: O Fisober non pode coa súa besta negra

Non puido continuar a serie de 4 vitorias o Fisober e caía este domingo no P.M. dos Deportes de Vilalba ante o que é a súa besta negra das últimas tempadas.

Liga Autonómica-Preferente Feminina, SubGr,A, x.10

  • Resultado: VILALBA F.S. – FISOBER F.S.F. (3-1).
  • FISOBER: Lía, Mai, Ana, Nuriña, Carre ; tamén xogaron: Sharay, Adriana, Lucía Martínez, Saray.
  • Goles 1-0 min 15 Adelaida, (descanso), 2-0 min 21 Xiana, 3-0 min 25 Adelaida, 3-1 min 39 Mai.

Comezaron forte as locais e xa na primeira xogada fixeron intervir a Lía. As costeiras moven o balón e as do Vilalba manteñen unha forte presión. Un tiro exterior das locais vaise ao pau. O que responde unha clara ocasión de Adriana a pase de Ana. Un roubo preto da área do Fisober por parte das locais fai de novo que interveña Lía co pé. A resposta foi un pase longo de Ana cara Saray Duarte que fai intervir a porteira local. Despois dun saque de esquina forte disparo do Vilalba ao trabe da portería de Lía. Que noutro saque de esquina volve a intervir abaixo. O Fisober tamén tiña as súas e Adriana nun un para un manda o balón ao ferro e no rexeite case marca. Cando xa se chegaba aos últimos minutos da primeira metade as locais poñíanse por diante cun gol de Adelaida.

As locais querían máis e de novo dende lonxe mandan o balón ao trabe. Ao que respostan as costeiras cunha ocasión para Saray que desvía a porteira local. Con este resultado chegouse ao tempo de lecer. Arrincaron a segunda metade de novo forte as locais e despois dun saque de esquina, Xiana pillaba un rexeite para facer o segundo gol. Pasaron os minutos e de novo Adelaida poñía o terceiro para as locais.

O Fisober non se rende e Lucía Martínez poñe a proba de novo a porteira. Unha Lucía Martínez que desta vez en combinación con Saray ten unha nova ocasión mandando o balón a escadra pero para a porteira. As locais tamén tiñan as súas e fan intervir máis dunha vez a Lía, que nestes minutos foi protagonista. No Fisober de novo Lucía Martínez ten unha boa ocasión que se lle escapa por pouco. Agora é unha combinación entre Sharay e Saray que non acaba en gol por pouco. E chegándose ao fin Mai aproveita un tiro nun saque de esquina para facer o gol da honra costeiro, chegándose así ao fin pouco despois.

A vindeira semana o Fisober recibe a visita do líder, Ribeira-Lieders.

defensa do Fisober

NOVAS RELACIONADAS

CRÓNICAS DO FSF

 

comentarios