FSF: Saray dalle a vitoria, no último suspiro, ao Fisober
O Conco volvía vivir unha xornada de FSF con vitoria esta mañá de domingo. O Fisober levouse o triunfo nun partido moi igualado que se decidiu case no último minuto e que puido caer de calquera lado e no voltaba a marcar a emocionada capitana Ana despois de máis dun ano de lesión.
Preferente Feminina, Gr.A, x.4
- Resultado: FISOBER F.S.F. – CONCELLO DE BEGONTE F.S. (2-1)
- FISOBER: Lía, Ana, Paula Fandiño, Adriana, Mai ; tamén xogaron: Lucía Canosa, Saray, Nuriña, Uxía, Carre, Sharay, Lucía Rodríguez.
- GOLES: 0-1 min 15 Ruth, (descanso), 1-1 min 31 Ana, 2-1 min 39 Saray.
Paula Fandiño
Comenzou moi forte o Fisober e despois dun roubo de Adriana non puido marcar Paula Fandiño no segundo pau. Pouco despois un lanzamento da porteira costeira Lía a piques estivo de ser gol pero o lanzamento foise arriba por pouco despois do bote cando xa superara a visitante Ali. Seguía percutindo o Fisober e o tiro de Paula Fandiño atopábase cunha Ali inmensa durante todo o partido. Co paso dos minutos o Fisober ía caendo no seu dominio e o Begonte cada vez máis cómodo comenzaba a facer dano poñendo a proba a Lía. As visitante cada vez poñían en máis apretos a unha Lía que respostaba con solvencia. Despois chegaban unha xeira de ocasións para o Fisober entre elas de Uxía e Paula Fandiño, incluso un lanzmento ao ferro. Pero as visitantes non se redían e Ruth marcaba para o Begonte despois dun rexeite a unha gran parada de Lía. E a piques estiveron as visitantes de marcar o segundo, tamén estivo Paula Fandiño de igualar antes do tempo de lecer.
Á volta de vestiarios o partido xogábase ao ritmo que quería o Begonte e ao Fisober costáballe moito crear ocasións. Aínda así as mellores eran para Paula Fandiño e tamén para Saray despois dun rexeite. Tamén un lanzamento de Ana era desvíado pola porteira. As visitantes tamén tiñan as súas a contra pero Lía desbarataba as ocasións nun partido que comezaba a voltarse tolo. E cando parecía que peor o pasaba o Fisober unha xogada de Lucía Canosa por banda e o seu tiro era aproveitado por Ana para igualar o partido mediada a segunda metade. As visitantes non se rendían e seguían a poñer a proba a Lía. Tampouco o facían as costeiras e Ana seguía tirando das súas. Ana buscaba a Mai pero esta non acertaba no segundo pau.
As visitantes non renunciaban ao partido e decidían tirar do xogo de cinco co partido igualado adiantando a súa porteira. Pero a pouco máis de dous minutos para o fin, a segunda amarela a visitante Ruth por impedir o saque rápido deixaba ao Begonte en inferioridade. E cando parecía que as costeiras non ían aproveitar a situación Saray pescaba un balón para poñer o dous a un con pouco máis dun minuto para o fin. Con ese resultado voltaban arriscar co xogo de cinco as visitantes pero o Fisober aguantou e levouse o partido.
A vindeira semana toca visita ao 5 Coruña.