Venres. 19.04.2024
El tiempo

FSF: Unha segunda metade para esquecer condena ao Fisober

Paula encara a unha rival no pavillón de Santa Isabel. FISOBER
Paula encara a unha rival no pavillón de Santa Isabel. FISOBER
FSF: Unha segunda metade para esquecer condena ao Fisober

S.D. A Gaiola 6 - 2 Fisober F.S.F. 

Gaiola: Bea Lista, Carlota, Raquel, Estela, Sara; tamén xogaron: Laura, Sandra, Sofía, Yahiza.

Fisober: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, Uxía, Saray; tamén xogaron: Lucía Martínez, Nuriña, María Dumbría.

Árbitros: Fernando Martínez e Carlos González.

Goles: 1-0, 7' Estela / 2-0, 9': Sara/ 2-1, 10': Paula Fandiño / 3-1, 22': Estela / 4-1, 25': Sara / 5-1 28': Sara / 6-1, 36': Sandra / 6-2, 38': Paula Fandiño.

Chegaba o Fisober ao pavillón de Santa Isabel de Santiago, coa autoestima polas nubes logo de facer unha actuación impecable ante o Ribeira a semana pasada, pero a preferente feminina non da tregua e as dumbriesas caeron goleadas tras un partido no que fixeron méritos para máis, sobre todo na primeira parte. De feito, comezaron mellor que as locais e incomedaron a porteira, Bea Lista, con disparos de Paula Fandiño ou Uxía. Pero un gol de estratexia comezou a desbaraxustar o plan visitante e na seguinte xogada de ataque fixeron o segundo.

Paula Fandiño, que xa tivera o empate xusto despois do 1-0, recurtou distancias un minuto despois e estivo a punto de igualar o marcador cun disparo que detivo Bea Lista en dous tempos. O gol do empate chegaría da man de Nuriña, pero foi anulado por unha discutida falta previa de Adriana. Falta que provocaba a súa vez un dobre penalti que era desviado por Sharay.

Ocasión para o Fisober

A volta de vestiarios todo trocou e o Gaiola foi superior durante unha segunda parte que pronto quedou sentenciada con tres goles en seis minutos. E iso que Sharay foi, xunto a Paula Fandiño, a mellor para o Fisober, detendo varias ocasións antes do final. A vindeira semana chega ao Conco o Meigas, que vén de empatar os seus dous últimos encontros e que conta con cinco puntos, un menos que as dumbriesas.

Comentarios