Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Fútbol da Costa espera recuperar a normalidade o curso que vén

REeunion da Futgal cos equipos da Costsa 2
Imaxe da reunión telemática cos clubs costeiros do pasado mes de setembro
O Fútbol da Costa espera recuperar a normalidade o curso que vén

A Real Federación Galega de Fútbol convocaba onte unha reunión de cortesía, unha toma de contacto, cos equipos do Fútbol da Costa. O ente federativo quería escoitar de primeira man o sentir dos clubs tras esta complicada temporada de parálise. Foron máis da metade dos clubs os que compartiron as súas inquedanzas e compartiron as súas preocupacións.

Clubs, que por norma xeral, xa teñen gañas de ir recuperando a normalidade e esperan que en setembro poida comezar a temporada coa maior naturalidade posible. Aínda non se saben como van quedar as competicións, e haberá que ir vendo como evolucionan os protocolos, pero a intención é que a partir do 1 de xullo os clubs xa poidan ir inscribindo as súas fichas para comezar a pretemporada.

Comentarios