O Fútbol da Costa lamenta o pasamento de Juan Villamisar

10:50 27/07/25
De sorpresa colle a todo o fútbol galego o pasamento de Juan Villamisar. O vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol, que aínda estivo esta semana no plenillo de Baio, falecía esta noite de sábado a domingo tras sufrir un infarto.
Villamisar, malia representar ao fútbol coruñés, sempre estivo moi vinculado ao Fútbol da Costa. Sempre estivo presente en todos os eventos importantes do noso fútbol, presente en momentos complicados para os clubs, e representa esa necesaria figura de consenso que fai falta en todos os estamentos.
“Era unha persona cercana, amable e sempre querendo axudar e intentar solucionar os problemas”, sinala, por exemplo, Felipe Vilela, dende Muxía.
Os seus restos están no tanatorio Albia coruñés.