Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O #FutFem arrincará en outubro

Futbol feminino galego empeza en outubro
O #FutFem arrincará en outubro

Unha vez que xa tiñamos as datas do comezo do fútbol masculino, a RFGF vén de anunciar as datas de posible comezo das femininas, supeditadas á evolución sanitaria. O 3 de outubro arrincará un dos grupos da 1ª División Galega (o outro o 10) co Bergantiños en competición.

A 2ª División Galega, na que xogan as nosas Cee, Miúdas e Cerqueda, farao o 10 de outubro, e a Liga de F7, na que compite o Mazaricos, o 24 do mesmo mes.

Xa está aberta a inscrición nas distintas categorías, trámite obrigatorio para poder tramitar licencias e poder competir.

Cómpre lembrar que esta tempada créase a Liga Galega Cadete Feminina

Comentarios