Martes. 07.05.2024
El tiempo

FUTFEM: Cee e Bergan collen vantaxe nas semis da Copa

Dumbria-Cee nas semis da Copa da Costa feminina 3
Imaxe do Dumbría-Cee nas semis da Copa da Costa. Foto: Vet. Dumbría
FUTFEM: Cee e Bergan collen vantaxe nas semis da Copa

Disputáronse este domingo as semifinais da Copa da Costa feminina. E Cee e Bergan tomaron vantaxe para meterse na final tras superar sendas vitorias fóra de casa ante os Dumbría e Xallas.

Dumbría - Cee (0-1)

Dumbria-Cee nas semis da Copa da Costa feminina 2
Sharay e Noa. Foto: Vet. Dumbría
  • Dumbría: Naira, Sabela, Noa, Mai, Carril, Martina, Eva, Fandi, Juliette, María das Carisas e Claudia. Tamén: Lucía, Icía, Yoli e Lisette.
  • Cee: Noemi, Lucía Rod., Laura Blanco, Alba, Nerea, Lucía Caamaño, Saray Duarte, Sharay Caamaño, Uxía, Lucía Martínez, María Lijó. Tamén: Lucía Facal, Sabela, Andrea, Antía e Nayara.
  • Gol: 0-1, m.72: María Lijó aproveita unha mala cesión da defensa para roubar e definir no man a man.
Dumbria-Cee nas semis da Copa da Costa feminina
Martina e Eva rodeando á ceense Lucía Caamaño. Foto: Vet. Dumbría

Partido estrano, confuso o vivido no Conco. Arrincaba o choque con moitos nervios e moitas precipitacións nos pases. Non había dominador no primeiro treito de partido, moito medio campo pero sen fluir, con pouca profunidade pero si moito rigor defensivo. O Dumbría foise entonando máis, e comezaron a presionar máis arriba, provocando perdas na defensa ceense, tendo que aparecer Noemí para salvar o primeiro tanto. A calor facía mella e o desgaste do primeiro tempo notaríase.

Arrincaba a segunda metade, cun Cee algo mellor tralos cambios, presionando máis arriba. Tiveron as visitantes unha ocasión clara entre Uxía e Andrea que acabou cun pase demasiado forte ao que Andrea non puido chegar. Pouco despois, un mal pase atrás de cabeza dunha central local, era aproveitado por María Lijó para roubar e definir no man a man. Duro golpe ás dumbriesas, que onte non puideron contar no banco con Fran Figueroa por motivos familiares, pero aínda así mantiveron o pulso, subindo liñas, colgando balóns nos últimos minutos. Á contra tamén puido sentenciar a eliminatoria o Cee, pero Uxía no acertou. O Cee acabou achicando balóns en xogadas de estratexia ante un Dumbría envorcado que buscaba o empate.

Xallas - Bergantiños (1-4)

Xallas feminino nas semis de Copa

  • Xallas: Rosío; Carla, Saskia, Ali, Andrea Otero; Luchy, María, Andrea Barbeira; Olalla, Paula e Yasmina. Tamén xogaron: Inés, Maite, Claudia, Nuria e Laura.

Bergantiños nas semis da Copa da Costa

  • Bergantiños: Ainhoa, Lara, Sarai, Paula Sieira, Blanca, Gabri, Sara, Carmen, Laura Caamaño, Carla e Sofía. Tamén: Noelia, Cruz, Eva, Laura Muñiz e Paula Paredes.
  • Goles: 1-0, m.24: Yasmina; 1-1, m.30: Carla; 1-2, m.33: Carmen; 1-3, m.43: Laura Caamaño; 1-4, m.47: Paula Sieira.

Moi bo partido das xalleiras ante o poderoso Bergan, que viña de caer na final polo ascenso á división estatal. O resultado non reflicte o visto no terreo de xogo de Gontenla, onde o cadro de Rupper tratou cara a cara, coas ideas moi claras, ás de Gueli.

O Xallas tratou de xogar as súas bazas, estando ben colocadiñas sen deixar espazos e saíndo en rápidas contras con Olalla e Yasmina á cabeza. Froito dunha desas chegadas, Yasmina adiantábase a liña defensiva e batía a meta do Bergantiños para facer o 1 a 0, facendo soñar a bancada xalleira. O soño só durou un minutos xa que o equipo vermello, igualaría o encontro cun tiro dende fóra da área de Carla onde non tivo chance a porteira menos batida co curso Rosio, e pouco despois faría o segundo tras aproveitar Carmen unha indecisión dentro da área.
Pasados esos minutos o equipo verde recompúsoxe, pero un novo erro defensivo nos últimos minutos antes do descanso permitiría ás bergantiñás facer o terceiro antes do descanso, desesperando o corpo técnico xalleiro.

Trataba de non perder a súa identidade o Xallas pero nada máis saír, novo mazazo psicolóxico das visitantes, que só puideron ir vendo como pasaban os minutos sen posibilidade de recurtar distancias, a pesar do gran partido de Rosío na área, a mariscal Saskia, a xefa do medio campo María e as sempre perigosas Yas e Oli.

Novas do FUTFEM

Comentarios