Luns. 07.10.2024
El tiempo

Rosío e Naroa, a Pombo e a Pichichi do #FUTFEM costeiro

Naroa e Rosio Pichichi e Zamora do Futbol Feminino da Costa 2023
Naroa e Rosio son a Pichichi e Zamora do Futbol Feminino da Costa 2023. Fotos de Fin Lema e Jorge Parri.
Rosío e Naroa, a Pombo e a Pichichi do #FUTFEM costeiro

Despois dunha fermosa última xornada, queremos apuntar as que serán as gañadoras dos Trofeos da Pichichi e o Premio Pombo que levarán os prezados balóns da olería de Buño que se entregarán na VIII Gala do Fútbol da Costa - QPC da que pronto teredes novas.

Pichichi

A cormelá Naroa é a pichichi, non só dos equipos costeiros senón de toda a categoría, dos 6 grupos da 2ª División Galega.

Segunda quedou a xalleira Yasmina, que sumou 36 goles como máxima goleadora do Gr.4.

PICHICHI FUTFEM Goles Partido
Naroa (Corme) 45 26
Yasmina (Xallas) 36 25
Olalla (Xallas) 27 25
Paula Fandiño (Dumbría) 26 22
María das Carisas (Dumbría) 20 19
Nerea (Cee) 18 26
Ainoa (Dumbría) 17 19
Pati (As Miúdas) 15 20
Andrea (Ponteceso) 15 25
Lucía Martínez (Cee) 15 25
Paula Veiga (Cerqueda) 15 26

Premio Pombo

Igualadísimo estivo o premio á porteira menos goleada. Quedaron sen sumar os 19 partidos esixidos para optar ao premio algunha protagonista como Lía (Dumbría) ou Colores (Ponteces), pero a loita entre Noemí (Cee) e Rosío (Xallas) foi máxima, ata o punto de que apenas unhas décimas permiten á xalleira levar o premio.

PREMIO POMBO FutFem Goles Partidos Media
Rosío (Xallas) 21 25 0,84
Noemi (Cee) 23 26 0,8846153846
Adriana (As Miúdas) 40 26 1,538461538
María (Ponteceso) 45 21 2,142857143

 

MÁIS INFO

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

Comentarios