Martes. 16.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

FutFem: Inxusta derrota do Bergan e comezo por todo o alto da 2ª galega

Completa fin de semana tamén de fútbol feminino, con case todo en marcha á espera de que o Mazaricos de f7 comece a tempada de forma oficial. Na 1ª, non puido seguir a boa xeira do Bergan, abriuse a 2ª e inauguráronse os fermosos proxectos de promesas de Cee e Dumbría.
Orzán - Bergantiños
Orzán - Bergantiños
FutFem: Inxusta derrota do Bergan e comezo por todo o alto da 2ª galega

Orzán 3-2 Bergantiños

Bergantiños: Andrea; Laura, Lore, Elena, Yaiza;Sara (Tati Túñez, 80'), Alba (Carla, 86'), Bárbara (Noelia Amarelle, 70'), Inés; Cruz e Marián.

Goles: 1-0, 15’: Lucía Rivas / 2-0, 34’: Laura Otero / 2-1, 37’: Marián / 2-2, 72’: Cruz / 3-2, 84’: Laura Otero.

Formación do Bergantiños ante o Orzán

Praza complicada á que chegaba o cadro de Gueli para manter o seu espectacular inicio de tempada na 1ª Galega, pois o Orzán aproveitou o convenio co Deportivo B, que esta semana descansaba, para baixar a cinco xogadoras.  Aínda así, os primeiros minutos foron para o Bergantiños, que se adaptou ben ás pequenas dimensións do campo e dominou a través da posesión. Non obstante, nunha contra o Orzán fixo o primeiro e, cando máis preto estaba o empate con ocasións claras para os visitantes, chegou o segundo nun córner.

Puido responder rápido o Bergantiños grazas ao acerto de Marián, que acurtou distancias antes do descanso. Na segunda parte as de Gueli foron moito mellores, creando oportunidades que nin Marián nin Cruz puideron materializar debido ao bo facer da porteira rival. Finalmente Cruz si logrou empatar antes de que, co equipo buscando a remontada, as locais aproveitasen unha xogada de infortunio para facer o definitivo 3-2. Un resultado nada xusto para un Bergantiños que segue situado na parte alta da táboa.

Cerqueda 2-1 As Miúdas

Cerqueda: Lydia; Saskia (Nuria, 46’), Lorena, Mónica, Lucía (Isabel, 46’); Eva Carril; Cristina (Zeltia, 46’), Ana, Paula, Natalia; Naroa.

As Miúdas: Adriana; Pau (Ana, 31’), Mariña, Clara, Sofía; Sabela, Leti, Marta Lorena (Noa, 80’); Saray e Paty.

Goles: 1-0, 63’: Naroa / 2-0, 76: Paula, de penalti / 2-1, 86’: Paty, de penalti.

Tivo lugar xa na xornada inaugural o primeiro derbi dunha 2ª Galega na que este ano contamos con catro equipos (O Cee descansou). E como non podía ser doutra forma, foi un encontro moi igualado e disputado, pese a que as baixas fixeron que As Miúdas só chegasen con trece xogadoras.

Tras unha primeira metade sen un dominador claro, o Cerqueda tomou os mandos grazas aos cambios na segunda, onde aos quince minutos lograron adiantarse grazas ao gol de Naroa. Continuaba o dominio local a través da posesión ante un xovencísimo cadro das Miúdas, que fixo un partido moi meritorio. No 76’, Paula parecía sentenciar de penalti, pero o cadro muradán acurtou distancias dende os once metros e aínda tiveron unha gran ocasión na última xogada do choque.

Victoria C 0-1 Xallas

Xallas: Xiana; Lucía Iglesias (Andrea Barbeira, 69'), Lucía Fdez, Xastia, Rita, Laura, Andrea (Maite, 45'), María, Yasmina (Rhany, 90'), Carmen (Tania, 64') e Yolanda (Alicia, 84').

Goles: 0-1, 56': Yolanda.

O Xallas debutou en Santa Isabel

Debut con vitoria do proxecto feminino do Xallas nun partido no que as de Rupper comezaron con moitos nervios propios dunha primeira vez. Pero pouco a pouco, foronse calmando e comezaron a pelexar o dominio do xogo, que pronto domaron. Na primeira metade houbo ocasións para ambos bandos, pero ningún equipo foi quen de perforar as redes rivais.

Tras o descanso e cun Xallas moito máis sólido, Yolanda si acertou na primeira ocasión clara do segundo acto para facer o 1-0, que sería definitivo. Aínda tiveron algunha ocasión para facer o segundo antes da arremetida final das locais, que pecharon no seu campo ás xalleiras durante os últimos dez minutos. Pero o esforzo defensivo das verdes impediu o empate e certificou unha vitoria histórica e moi ilusionante.

Bandeira - Mazaricos

Mazaricos: María Pedrosa; Claudia, Fátima, Ánxela, Lúa, Tamara e Natasha. Tamén xogaron: María Senra, Daniela, Katia, Lucía Seijas e Carla.

Goles: 0-1: Daniela / 0-2: Tamara / 0-3: María Senra /0-4: María Senra / 0-5: María Senra / 0-6: Lúa.

O Mazaricos, que competirá na liga de fútbol 7, segue a xogar amigables á espera de que se oficialicen as datas de inicio e o calendario para a súa tempada. Desta vez, viaxaron ata Silleda para enfrontarse ao Bandeira, ao que golearon despois dunha gran actuación, tanto en defensa como en ataque. Os mellores minutos chegaron tras o descanso, nunha segunda parte na que trenzaron grandes xogadas a través da posesión de balón. Mención especial para María Senra, que conseguía un hattrick comezando dende o banco.

O Mazaricos logo do partido en Silleda

Promesas

Comezaron a súa andaina oficial os prometedores proxectos de Cee e Dumbría, que como non podía ser doutra forma “pagaron a novatada” con sendas goleadas en contra. Goleadas en cambio que non impediron ver caras de felicidade e ilusión por ese novo e longo camiño que abriron esta fin de semana e que seguro deparará moitas alegrías a base de traballo, aprendizaxe e, sobre todo, diversión.

Comentarios