Martes. 11.05.2021
El tiempo

FutFem: As Miúdas estreáronse ante o imponente Cee

As miudas de quecementp
As Miúdas quecendo no seu debut ligueiro esta temporada
FutFem: As Miúdas estreáronse ante o imponente Cee
Estreábase o novo equipo das Miúdas nesta segunda xornada da 2ª División Feminia. E facíao ante un potente Cee que parece que vai por todo.

No outro grupo o Cerqueda estrea o taboleiro de vitorias da súa historia en Ordes, mentres o Bergantiños vencía na casa e xa se pon na zona alta.

2ª División Feminina, Gr.C, xornada 2

  • Resultado: As Miúdas - Cee (2-10)
  • As Miúdas: Laura, Sofía, Mariña, Ángela, Pau; Marta, Saray, Leticia, Gala, Sabela; Pati. Tamén Ainoa, Marcela e Ana.
  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Barreiro, Nerea, Alba, Lucía Canosa, Saray, María Lijó, Sharay, Uxía e Sara. Tamén: Ruth, Marta, Laura, Minerva e Lucía Martínez.
  • Goles: Ainoa (2) para as Miúdas. Para o Cee: Uxía (2), Sara, Sharay, Nerea, María Lijó, Lucía Canosa (2), Lucía Barreiro e Lucía Martínez.

Debutaba o novo equipo das Miúdas, da man de Juan Carlos no banquiño. Un equipo en construción, despois de que algunhas xogadoras decidisen non xogar este ano, outras cambiasen de camiseta, deixando un plantel moi novoo, con só 5 sénior, e con moitas xuvenís, cadetes e mesmo infantís. En todo caso, o cadro muradán afronta esta minitemporada coa ilusión de disfrutar ao máximo do deporte e de dar algunha que otura sorpresa. Polo de pronto conseguiron anotarlle dous goles a todo un UC Cee, que parece que este ano vai a por todas.

As de Rafa son un equipo máis rodado, e cun par de balóns ás costas da defensa, e un par de saques de esquina, xa practicamente deixaban sentenciado o partido no primeiro treito. As muradáns seguiron loitando ata o final pero houbo moita diferencia.

2ª División Feminina, Gr.B, xornada 2

  • Resultado: Órdenes - Cerqueda (1-5)
  • Cerqueda: Nuria Tuset; Uxía, Lorena, Paloma„ Lucía Dourado, Lucia Canosa, Ana, Isabel, Raquel, Deni e Paula.
  • Goles: 0-1, m.18:Ana; 0-2, m.46: Nayara; 0-3, m.51: Paula; 0-4, m.62: Lorena; 0-5, m.76: Lucía Canosa; 1-5, m.90.

UD Cerqueda Feminino en Ordes

Partido moi disputado, no que o resultado non indica o parello que foi. A efectividade das nosas de cara o gol foi o factor que desnivelou o partido. En calquera caso, foi un gran partido, nun escenario espectacular como é o Municipal de Vista Alegre, que quedara para sempre marcado para este club, como a primeira vitoria da historia do equipo femenino.

2ª División Feminina, Gr.B, xornada 2

  • Resultado: Bergantiños - Victoria (3-2)
  • Goles: 0-1, m.11; 1-1, m.35: Cruz a pase de Bárbara; 2-1, m.78: Cruz a pase de Alba; 3-1, m.85: Cruz a pase de Alba; 3-2, m.90.

Bergantinos feminino 2021

Presentábase o Bergantiños como local contra un rival sempre incómodo e así foi o Victoria. O partido presentouse como se esperaba, moi disputado, e así foi. O Bergantiños non daba entrado no mesmo, nin se atopaba cómodo, grazas a un bo equipo rival que llo poñía moi complicado, e sacaba perigosas contras, como as que remataba aos 10 minutos no primeiro gol.
Seguía moi débil o cadro de Gueli, que só mostraba escintileos pero non aclaraba e só se achegaba sen perigo ao área rival con algunha xogada en velocidade. Así chegaba o empate a 10 do final da primeira metade, tras un pase filtrado de Bárbara a Cruz.

Tralo paso por vestuarios o Bergantiños saía con outra cara e o segundo acto sería distinto. Saíron máis contundente e dominaron o terreo de xogo e os espazos e cunha Alba que cada vez que entraba en contacto co balón víase perigo. Cambioulle a cara ao partido o Bergantiños cos cambios e a actitude xa que agora si o vitoria non estaba cómodo. Desa sociedade que montaron Alba e Cruz chegaba o 2-1, e pouco despois o 3-1. O Victoria non baixaba os brazos e unha internada por banda chegaba a liña de fondo e tras un gran centro poñía en aprietos ao Bergantiños pero o remate non foi certeiro e saíu desviado. Xusto despois cruz noutro pase expendido volvía quedar soa ante Paola pero esta vez a vaselina que intento non saíu ben e a porteira faríase co balón. No minuto 92 e case soando o pitido final nun córner moi ben botado polas visitantes,e tras un mal despexe de Cruz o balón chégalle a Alexia que non fallaba e así soaba o pitido final e quedaba o marcador co definitivo 3-2 .

Este resultado sérvelle ao Bergantiños para poñerse líder empatado a 4 puntos co Xuventude de Crendes próximo rival do equipo de Carballo o domingo nas Eiroas.

Crónicas do FutFem

comentarios