Luns. 18.10.2021
El tiempo

Iván Cancela entra na Xunta Directiva do Comité Nacional de Adestradores

LOUZÁN, PABLO PRIETO E IVÁN CANCELA
Iván Cancela, Rafael Louzán e Pablo Prieto entran na RFEF
Iván Cancela entra na Xunta Directiva do Comité Nacional de Adestradores

Esta semana foi unha semana importante para a Real Federación Galega de Fútbol. A entidade galega gaña peso na Real Federación Española de Fútbol con 3 nomeamentos singulares. O presidente galego Rafael Louzán, será o novo presidente da Comisión Nacional de Terceira División; o vicepresidente Pablo Prieto máximo responsable do fútbol sala en Galicia, pasa a ser novo membro do Comité Executivo do Comité de Fútbol Sala da Real Federación Española.

Ademais, a nova que máis nos congratula é a entrada de Iván Cancela, actual presidente do Comité Galego de Adestradores e Director da Escola Galega de Adestradores, na Xunta Directiva do do Comité Nacional de Adestradores da RFEF. Cancela ”vén realizando un traballo extraordinario dende a súa chegada á RFGF”, recoñecen dende o ente federativo.

comentarios