Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Josito Castro: “Teño está última oportunidade, ogallá poidamos gañar"

Josito Castro 2
Josito na CLINICA Salud y Conocimiento en Coruña
Josito Castro: “Teño está última oportunidade, ogallá poidamos gañar"

Antes da final de ascenso a 2ª RFEF, falamos con Jose Ramón Castro, ou máis coñecido no mundo do fútbol coma Josito, o xogador nado en Cerqueda que defende as cores do Somozas. Despois do seu paso por Deportivo Xuvenil, Cerceda, Villalbes, Arteixo e Bergantiños, quere darlle un broche de ouro á súa carreira logrando o ascenso.

 
  • A.G.: Como foi esta tempada tan atípica?

Dura e bonita en todos os aspectos. A nivel persoal era a primeira vez que incorporaba a un equipo na mitade da temporada e volver a coller o ritmo de competición, e máis un ritmo tan anárquico como o de este ano... e complexo a nivel individual e colectivo. Por outra parte, moi bonito... xa que o fútbol permitiunos saltar ó campo e olvidarnos durante 2h da pandemia. Recordo que o primer entreno cando estaba rodeado de xente sin mascarilla, resultoume unha sensación estrana pero de gran liberdade.

 
  • A.G.: Cal era o obxetivo do Somozas a principios de liga?

Estar na pelexa polo playoff, sen dúbida, temos un plantel que mistura xogadores de gran nivel e experiencia como Pablo Rey, Marcos e Garrido con xogadores moi novos que poderán marcar as diferenzas en categorías superiores se fan as cousas ben.

 
  • A.G.: E agora só queda un partido para o ascenso a 2ª RFEF, como chegades á final?

Penso que chegamos en bo momento, a experiencia e personalidade do grupo fai que saquemos o mellor de nós cando a situción o require... Gañamos a Bergantiños facendo un gran encontro no último partido de liga, gañamos a Choco nun partido atipico contra un rival de moi nivel, e este domingo penso que fixemos o mellor partido da temporada contra o principal candidato o ascenso.

 
  • A.G.: Dádeslle o favoritismo o Arosa ou queredes vós esa responsabilidade?

Nin pensamos niso, en Terceira División conocémonos todos os xogadores e sabemos perfectamente do nivel de cada un... penso que o Arousa é un gran equipo con xogadores diferenciais sobretodo de metade de campo para adiante, e parten ca ventaxa de campo e resultado... pero non teño ningunha dúbida tampouco de que temos capacidade para gañar si facemos un gran partido.

 
  • A.G.: Nestes partidos xa tes moita experiencia polo teu paso no Cerceda e Bergantiños, esperemos que agora con mellor sorte non?

Levo 6 playoff xogados e nunca conseguín ascender, a pesar de acariñalo varias veces, este ano xa non ía xogar por temas laborais e voltei ó futbol... teño esta última oportunidade, confio no traballo ben feito e no destino...ogalla poidamos gañar e conseguir o meu maior éxito deportivo.
Este tipo de encontros decidense por detalles, temos que intentar ceñirnos ó plan de partido que estamos definindo durante a semana, facer un gran traballo colectivo e confiar no talento individual para os momentos claves.

 
  • A.G.: E falando dos teus excompañeiros do Bergantiños, por fin ese ascenso deseado, como os viches durante a tempada?

Moi ben, sen dúbida xunto co Arenteiro os dous máximos aspirantes o titulo. Agora mesmo o presuposto do Bergantiños esta moi por encima desta categoría e isto permítelles posuir unha plantilla amplia de xogadores diferenciais. E con estes bos ingredientes fixeron un gran ano, xestionaron ben a presión e conseguiron o ansiado ascenso que todos soñábamos. Alegría inmensa por todas as persoas que forman o clube.

 
  • A.G.: E seguindo pola zona costeira, crees que nunha liga normal o Fisterra podría manterse?

Probablemente si, o Fisterra tiña un equipo que pode complicarlle un partido a calquera rival. Alex Ramos, Xulián, Herbert, Capelo... son xogadores capaz de facer dano e gañar puntos, pero probablemente tiveron pouco tempo para adaptarse á categoría, con cambios de entrenador e un calendario moi exixente, non resultou posible. Toda a sorte para volver canto antes.

 
  • A.G.: Aparte de futbolista, eres adestrador persoal de deportistas de élite en CLINICA Salud y Conocimiento en Coruña, como foi a planificación para manter o ritmo durante o confinamento?

Una locura para todos. Ainda que parezca incrible nin os equipos de 1ª e 2ª División estiveron preparados para manter o nivel de entrenamento condicional necesario para este perfil de xogadores. Persoalmente, a semana antes da pandemia conseguín que lle chegarán os meus xogadores todo tipo de material as súas casas e por streaming e coas valoracions que tiña dos seus niveles de forza e resistencia, entrenamos dobre sesion case todos os días. Una boa oportunidade para traballar con mais calma e reforzar os puntos debiles de cada un.

 JOsito Castro
  • A.G.: E como profesional, como crees que chegarán estos xogadores de fútbol afeccionado que levan parados máis de un ano?

Depende dos prazos que deixen as federacións. Poidemos ver que nin nas categorías profesionais nin moito menos nas semiprofesionais conseguimos manter un ratio de lesións similar o dunha tempada normal. Confío en que os marxes de pretempada e intrapartidos sean maiores e poidan disfrutar sin riscos do deporte.

 
  • A.G.: Por certo, o teu irmán David Castro, si ten xogado na liga da costa, antes de retirarte tes pensado disfrutar do noso fútbol?

Como algunhas das persoas máis próximas a min xa saben, este ano retirareime definitivamente acade o ascenso ou non. A miña gran paixón e o fútbol, pero todas as etapas teñen un fin. Unhas teñen que rematar para que se poidan empezar novos camiños, o meu futuro laboral requerirame ter que sair o extranxeiro recurrentemente co cal a miña carreira futbolistica chegará ata este domingo contra o Arousa, ogallá que con final soñado.

Outras entrevistas

Comentarios