Chano Calvo: “Ser presidente dun club é unha medicina para levar unha empresa”

Hai apenas 3 semanas que o Bergantiños confirmaba o seu ascenso histórico 2ª RFEF. O equipo de QPC e de SensorMedia quixo achegarse ata as Eiroas para ter unha conversa calmada co seu presidente, Luciano Calvo Pumpido, coñecido como Chano.
Falamos con el desta histórica tempada, que foi o “cumio dos últimos 9 anos” e dea súa relación co plantel: “Este é o mellor grupo humano que me atopei”. Pero tamén falamos do ascenso vivido hai 34 anos a 2ªB e os camiños cruzados do Arenteiro, e co Dépor; dos momentos máis duros vididos á fronte do club; da relación incomprendida mutuamente entre o Bergan co Fútbol da Costa e co Dépor, ou das Escolas Luís Calvo e o Torneo Internaciona, e do seu impacto social.
Chano lamenta non ter un campo, de herba natural, no centro da vila, que podería contribuír a afianzar a unión co pobo carballés, e tamén fomentar o auxe do comercio e a hostalería no centro da vila.
Calvo, que vén de recibir medalla ao mérito da Real Federación Española de Balonmán, fala tamén da súa vinculación coa familia Xiria, e explica as diferencias e similitudes de dirixir un club de fútbol e unha multinacional como Calvo.
Novas relacionadas
- As Escolas Luís Calvo, 20 anos formando canteira.
- Maio 21: Fin de semana de éxitos para a familia do Calvo Xiria.
- Maio 21: O Bergan fai historia ascendendo á 2ª RFEF.
- Maio 21: Pontón pon a Calvo como exemplo de empresa do sector mar-industria que debe optar aos fondos Next Generation.
- Abril 21: Calvo estrea o ‘Monteraiola’, o novo atuneiro última xeración.
- Xaneiro 21: Calvo revoluciona o envase das conservas.
- l