Juanjo Vila, Alberto Rodríguez e Jose Luís Lemos nas Xornadas “ADN Futgal” da Costa
O Comité Galego de Adestradores da RFGF pon en marcha o proxecto “ADN Futgal”, unha iniciativa formativa que visitará todas as delegacións e subdelegacións federativas. Un compendio de charlas, presenciais, que pretenden poñer en valor a calidade dos nosos adestradores. O departamento que dirixe o noso Iván Cancela, traerá 3 ponencias á Casa da Cultura de Vimianzo o luns 11 de abril.
Abrirá ás 19:00 horas: Juanjo Vila (Adestrador UEFA PRO-Analista Profesional), e despois do “coffee break”, tomarán o relevo Alberto Rodríguez (Adestrador SD Sofán) e Jose Luís Lemos (Adestrador Bergantiños FC).
Inscricións
O aforo será limitado. Así, todo/a aquel que estea interesado/a en asistir a cada xornada deberá formalizar a súa inscrición a través da páxina web da RFGF.