Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Liga da Costa: Camariñas e Cabana chegan ao máis alto

Montelouro - Muros
Montelouro - Muros
Liga da Costa: Camariñas e Cabana chegan ao máis alto

Montelouro 1 – 1 Muros

Montelouro: Piti; Miguel, Chouza, Juan Lois, Pablo; Xian, Dani Sahorta; David (Íker, 53’ – Antón, 86’), Riki, Pesco (Samu Rapante, 70’); Raúl.

Muros: Xandre; Ra, Iván Cerilla, Jurjo, Gesto; Xaco, Varo (Flavio, 53’), Saúl (Jesús, 61’); Ivi (Thiago, 66’), Alon (Rubén, 61’) e Xavi (Ismiña, 78’).

Goles: 0-1, 43’: Ra / 1-1, 82’: Juan Lois.

Poucos encontros definen mellor a palabra derbi que o vivido no Agra de Filgueira esta fin de semana. Porque un derbi é aquel partido no que un dos mellores dianteiros da Costa nos últimos vinte anos se pon baixo os paus por amor a unhas cores. Aquel no que as gradas se enchen de veciños que se berran a máis non poder durante noventa minutos para despois valorar o choque entre risas na cantina. Un choque no que sempre hai emoción, intensidade e, como non, algún que outro pique que se resolve tras o encontro cunha boa aperta. E por suposto, o partido que máis gañas teñen de ver aqueles emigrantes que senten a morriña máis que nunca nestes días de fútbol da costa e que, por primeira vez, puideron combatela grazas á #QPCtv, que emitiu un partido en directo para todos os seus suscriptores, permitindo que se vira dende Suecia, Baleares ou o mesmo concello.

E vaia se o tiveron que desfrutar os tele espectadores, porque o encontro tivo de todo. Comezou mellor o Muros, que tivo algunhas chegadas ben freadas polo ‘porteiro por accidente’, Piti, pero a máis clara sería para os locais nos pés de Raúl, que se atoparía con Xandre antes de que Rá fixese o primeiro a saída dun córner.

Na segunda, comezouse a quentar o ambiente e a alta intensidade levou a varios enfrontamentos que acabaron con amarelas para ambos conxuntos. De todas formas, o Louro foi mellor no segundo tempo e Xandre tivo que volver a frear a Raúl cando xa estaba só ante a portería. Pero o porteiro nada puido facer ante o golazo de Juan Lois, que colocaba unha falta moi escorada na escuadra visitante. A expulsión de Iván Cerilla no 83’ por protestar fixo que o Louro se fose aínda máis arriba, pero non tivo ningunha opción clara.

Muxía 3 - 0 Cee

Muxía: Joselu; Conguito, Maikel Mouzo, Maikel, Xan; Julián, Víctor Alcaina (Edu, 64’ – Rui, 77’), Mauro Romaní; Isma Pose, Fran Moreira (Toja, 89’) e Manu Nogueira (Abel, 83’).

Cee: Maikel; Cristopher, Josiño (Chila, 89’), Ángel Golpes, Tomás (Diego, 86’); Jose, Pablo Lestón (Iago Trillo, 89’), Patera; Luis Lojo, Bruno e Cristian.

Goles: 1-0, 52’: Isma Pose / 2-0, 90’: Abel / 3-0, 94’: Toja.

muxia cee

Paso importante para o Muxía, que aproveita a derrota do Outes e o empate do Muros para achegarse xa a eses postos que dan acceso a unha liguilla para o ascenso que se lle escapa cada vez máis ao Cee. Os de Rafa son antepenúltimos nun grupo no que semellaba, por individualidades, que poderían estar máis arriba. Aínda así, as baixas están a facerlle moito dano e onte se presentaban na Arliña só con once xogadores do primeiro equipo.

Non obstante, foi unha primeira metade moi igualada, cun leve dominio visitante, co vento a favor, pese a que a mellor ocasión fora para os locais. Xa na segunda, o Muxía soubo aproveitar mellor o de ter as condicións climatolóxicas da súa parte e fixo o primeiro gol despois dunha gran xogada colectiva que se iniciaba en banda esquerda para acabar con gol do extremo dereito, Isma Pose. Intentou ir arriba o Cee, que se atopou con Joselu un par de veces antes de que se lle acabase a gasolina. Aproveitando iso, Diego moveu o banco e sacou rendemento inmediato co golazo de Abel e o tanto de Toja.

Camariñas 2 – 1 Lira

Camariñas: Pablo; Barreiro, Oli, Roi, Pablo Suárez; Moriño, Carlos; Nazo, Saviola, Víctor; Mario Suárez.

Lira: Balayo; Santi (Diego, 51’), Pablo (Costiña, 84’), Raúl, Sebas; Lucas, Ángel, Mamadou, Fran Perico; Juan e Oli.

Goles: 0-1, 31’: Saviola, de penalti / 0-2, 32’: Fran Perico / 2-1, 82’: Hugo.

Partido difícil e feo o que soubo solucionar o Camariñas ante o Lira para situarse no máis alto do subgrupo B xunto á Esteirana. Un encontro marcado polas baixas en ambos equipos, pero no que os locais comezaron mellor, dominando e avisando con varios disparos preto do arco de Balayo e un pau de Saviola, que aproveitaría logo un penalti acometido sobre Nazo para resarcirse. Non obstante, nada máis sacar de centro, Fran Perico marcaba un dos goles da tempada dende máis de 35 metros cun ‘trallazo’ que ía a rede tras deixar tremendo o pau.

Mellorou o Lira a partir de entón, facendo difícil a saída camariñá e obrigando a que o partido estivese falto de ocasións ata xa mediada a segunda parte, onde chegarían outra vez a través dos locais. E xa no 82’, Hugo collía un rexeite na área para dar unha vitoria moi importante ao Camariñas, que aínda tivo en Pablo ao seu salvador nos últimos minutos.

Outes 0 – 3 Baiñas

Outes: Álex; Sergio (José Ángel, 84’), Babu, Martín, Cutu; Chía, Adrián (Roberto, 55’), Veleiro (Gerpe, 55’); Aarón (Stefan, 68’), Eloy e Fran.

Baiñas: Carlos; Maikol (Rodri, 72’), Hermida, Chasko (Dylan, 46’), Jorge; Brais Tajes, Samuel (Chicote, 55’), Lucas (Javi Oreiro, 46’), Ruli (Cristian Canosa, 59’); Charly e Adrián Canosa.

Goles: 0-1, 16’: Adrián Canosa / 0-2, 55’: Brais Tajes / 0-3, 69’: Brais Tajes.

undefined

Marcar tres goles nun partido xa é difícil, pero facelo fóra da casa e a un equipo que fai do seu campo un fortín, é case unha fazaña. E iso foi o que fixo o Baíñas en Outes, diante dun cadro que viña de colleitar moi bos resultados e que está nos postos altos da clasificación despois de non perder un só encontro na casa. Os de Roski leváronse un partido deses nos que a eficacia e a solidez defensiva marcan a diferencia.

Adrián Canosa faría o primeiro fusilando á rede tras un recorte dentro da área para poñer a vantaxe visitante coa que se chegaría ao descanso. Tras o paso por vestiarios, o Outes intentou irse arriba, pero un balón directo de Hermida a Tajes ampliaba distancias. E a vinte minutos do final, o mesmo Tajes aproveitaba un rexeite dunha falta lanzada por Dylan ao traveseiro para facer o terceiro.

SUBGRUPO B

Malpica 0 – 3 Cabana

Malpica: Damián; Mante, José Ángel (Julián, 46’), Laik (Dimitri, 27’), Andy; Alberto (Andi Rey, 78’), Aday, Alberto Hombre (Manu Pérez, 65’), Jordan, Jairo; Iván.

Cabana: Víctor; Aaron, Naka (Fernando, 71’), Raúl, Dani; Sergio  Ferreiro, Sergio Antelo, Diego Moreno, Castro (Simón, 75’) , Manuel (Cristian, 80’), Raúl Corzon (Rubén Reigia, 76’).

Goles: 0-1, 2’: Manu Borneiro / 0-2, 55’: Manu Borneiro / 0-3, 67’: Diego Moreno.

Pese ao gran Cabana que se viu na Pedra Queimada, quizais non foi un partido para o recordo polo xogo elaborado, ou polo ambiente vivido. Pero si quedará na memoria colectiva polo tremendo gol de chilena que se inventou Manu Borneiro no comezo da segunda parte para deixar case sentenciado unha vitoria que converte aos cabaneses nos novos líderes do subgrupo B.

O mesmo Manuel inaugurou o marcador ben cedo, certificando o gran inicio dos visitantes, que aínda dispuxeron de varias ocasións para ampliar distancias. O gol do que vai de tempada non fixo máis que darlle tranquilidade a un Cabana que estaba volvendo a ser mellor, e que daba por finalizado o encontro co gol de Diego Moreno tras un lanzamento de falta.

Nantón 2 – 0 San Lorenzo

Nantón: Guille; Micael, Pablo, Alejandro (Diego Bello, 85’), Eloy Moreira; Martín, Iván Redondo, Juan (David Fariña, 87’); Iván Moreira (Javi, 89’), Souto e Álex Orgueira (Fran Gavin, 23’).

San Lorenzo: Darío; Fidi, Raúl, Lucho (Pablo, 83’), Garrido; Eloy (Mato, 76’), Taibo, Padín (Styven, 76’), Ures; Mateo (Alexis, 55’) e Diego Varela.

Goles: 1-0, 19’: Álex Orgueira / 2-0, 75’: Iván Moreira.

Caeu o San Lorenzo nas Fontiñas nunha das grandes sorpresas da xornada, pois os de Verdillo viñan líderes e os locais aínda non foran quen de gañar. Ademais que os visitantes comezaron moi ben, pero nunha contra, Álex era derribado na frontal da área e o mesmo Álex transformaba o primeiro despois de que o balón tocase na barreira e antes de ter que ser substituído por ese golpe recibido.

Tivo algunhas opcións o San Lorenzo, pero Guille mantivo a vantaxe ata que Iván faría o segundo tras un gran centro de Fran dende a banda dereita. A partir de entón, non se xogou moito máis, e o Nantón asegurouse unha vitoria moi importante.

Castriz 2 – 0 Buño

Castriz: Gerpe; Fabián (Kevin, 82’), Álex Mourelle (Ramón, 83’), Forján, Carlos, Samuel; Adrián García, Anxo (Martín Gemelo, 63’); Mata (Guillín, 70’), Iván Pastoriza e Braulio.

Buño: Xurxo; Jose, Adrián, Fran, Bastón (Martín, 62’); Castro, Diego Ferreiro, Yago; Eloy (Brais Ceán, 80’), Elías (Jorge Calvete, 62’) e Juan Antelo .

Goles: 0-1, 20’: Iván Pastoriza / 0-2, 86’: Adrián García, de penalti.

Necesaria vitoria a que logrou o Castriz na casa despois dunhas semanas nas que non lle remataban de saír as cousas. Os de Chouza comezaron dominando e tendo varias ocasións, pero o Buño pronto se repuxo, logrando salvarse da agresiva presión local e mesmo chegando con moito perigo á área rival. Pero a máis clara a mandaban ao pau nunha xogada que remataría co gol de Iván Pastoriza tras un bo pase de Braulio.

A partir do gol, mellorou moito o Castriz, que mesmo puido marcharse cunha maior vantaxe ao descanso e mesmo ampliala xusto despois do paso polos vestiarios, porque, aí si, as tiveron de tódalas cores, incluíndo un gol anulado por un polémico fora de xogo. Aínda así, finalmente sería Adrián García, de penalti, o que sentenciaría o encontro.

Cerqueda 2 – 1 Sporting Zas

Cerqueda: Óscar; Daniel, Breo, Javi, Marcos Pensado; Lorenzo, Andrés Olmedo, Breogán, Manu Guillamet, Rial (Eloy Boedo, 57’); Julián (Aarón, 57’).

Zas: Rubén; Ángel, Marcos (Cristian, 86’), Kiko, Maikel; Mato (Pepe, 87’), Iván (Bryan Pensado, 75’), Álvaro (Borja, 72’); Dani, Miguel, Yago (Anxo, 81’).

Goles: 0-1, 43’: Miguel / 1-1, 75’: Manu Guillamet / 2-1, 90’: Eloy.

zas cerqueda

Moi divertido o encontro vivido no campo de Xaviña, con multitude de ocasións para ambos equipos aos que a falta de acerto lles impediu protagonizar un partido con máis goles. Tivo que ser o dianteiro local, Miguel, o que adiantase aos seus peiteando unha falta colgada dende o medio do campo.

Tras o paso por vestiarios, tivo distintas opcións para facer o gol da tranquilidade o Zas, pero nin Yago nin ningún outro conseguían anotalo. Así, foise arriba a buscar a épica o Cerqueda e atopou o gol nun remate de cabeza de Manu Guillamet nun córner. E na última xogada do encontro, Eloy aproveitaba un rexeite de Rubén para asinar a segunda vitoria do Cerqueda nesta tempada.

Comentarios