Liga FS Carballo: O Bar Rosalía voa
Este luns disputouse a 10ª xornada da Liga de Fútbol Sala de Carballo, trala cal o Bar Rosalía empeza a escaparse no liderato da clasificación tras vencer ao Asesoría Afico por 4-2, e aproveitarse de que o Dolce&Café non foi capaz de facerse coa vitoria ante o Xanelas XP, caendo por 2-3.
No partido do líder, os goles foron de Daniel Mato, Iván Mato e Diego Méndez (2), e de Iván Lorenzo e Martín Castro polo Afico. Pola súa parte Diego Pérez marcou os 2 tantos do Dolce&Café, superados polos tantos de Zeus Añón e Fernando Varela (2) para o Xanelas XP.
Pola súa parte o Autocares Pombo conseguiu pola mínima (2-1) facerse cos tres puntos ante un Cervecería Bombonera moi competitivo. Os goles do Pombo foron de Fernando Rey e José Castro, polo de Víctor Iglesias para a Bombonera.
Novas relacionadas
- 08-02-23: O Bar Rosalía escapa
- 01-02-23: Bar Rosalía e Dolce&Café comandan a táboa da Liga FS de Carballo.
- 11-01-23: Só dous equipos invictos trala disputa da 3ª xornada da Liga de FS Carballo.
- 04-01-23: Asesoría Afico e Dolce&Cafe comezan a Liga de FS de Carballo con vitoria: