Só dous equipos invictos trala disputa da 3ª xornada da Liga de FS Carballo

10:10 11/01/23
Disputáronse este luns 9 de xaneiro dous dos tres partidos correspondentes coa 3ª xornada da Liga de Fútbol Sala Carballo. O primeiro partido da noite entre o Xanelas XP e o Dolce&Café tiña que ser adiado logo da solicitude por parte do Dolce&Café.
Os dous partidos restante resolvéronse do seguinte xeito:
- Resultado: Asesoría Afico - Bar Rosalía (0-6).
- Goles de Mario Casal (1), Rubén Moreira (1), Iván Mato (2) e Diego Méndez (2).
- Resultado: Cervecería Bombonera - Autocares Pombo (1-4)
- Goles de Adrían Tobio (1) por parte de Cervecería Bombonera; e por parte de Autocares Pombo anotaron, Miguel Rey (1), Fernando Rodríguez (2) e Francisco Santiago (1).
Clasificación
Vindeira xornada
Para o Luns 16 de Xaneiro disputaranse os seguintes partidos:- Ás 21:15: Brasería Carballo – Autocares Pombo.
- Ás 22:00: Asesoría Afico – Dolce&Café.
- Ás 22:45: Xanelas XP – Cervecería Bombonera.