Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Bar Rosalía e Dolce&Café comandan a táboa da Liga FS de Carballo

Liga FS de Carballo 2023.X6
Bar Rosalía e Dolce&Café comandan a táboa da Liga FS de Carballo

Mentres polo sur da comarca recuperan a Liga de FS de Cee, polo norte continúa en marcha a Liga de Fútbol Sala de Caballo.

O pavillón Isidro Parga Pondal acollía este luns unha nova xornada. Só se disputaron dous encontros posto que o Xanelas XP en acordo con seu rival pediron adiar o encontro por falta de efectivos.

Bar Rosalía e Autocares Pombo empataban a 3, cos goles por parte do Bar Rosalía de Iván Chans e Aitor Vilas (2); e por parte do Autocares Pombo de Francisco Santiago (2) e Manuel Varela.
Ademais, o Asesoría Afico vencñía por un apretado 3-2 á Cervecería Bombonera cos goles de Adrián Puga, Martín Castroe Carlos Rey, polos de Miguel A. Puente e Hugo Fraga para a Bombonera.

Ademais, a semana pasada tiveron que disputarse dúas xornadas, deixando ao Bar Rosalía como líder con 13 puntos, pero o seu empate do luns permitirñialle ao Dolce&Café ascender ao primeiro posto se aproveita o seu partido menos.

Novas relacionadas

Comentarios