Asesoría Afico e Dolce&Cafe comezan a Liga de FS de Carballo con vitoria
09:54 04/01/23
Disputouse esta semana, por fin, a xornada 1 da Liga de Fútbol Sala de Carballo. Aínda que de forma incompleta xa que o Bar Rosalía solicitou o adiamento do seu encontro posto que non lograban xuntar xogadores suficientes para disputar o seu encontro.
Polo demáis, a pista estaba en perfectas condicións polo que se poideron disputar os dous encontros restantes sin ningún tipo de incidencia.
Ás 21:15 o Dolce&Café vencía 0-3 ao Brasería Carballo cos goles de Pedro Mourón (2) e Héctor Cruz (1).
No segundo partido da xornada, o Asesoría Afico vencía 5-1 a Autocares Pombo, cos goles de Roberto Rancaño (3), Iván Lorenzo (1) e Cristian Calvo (1), polo único gol de Fernando Rey para Autocares Pombo.