Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Bar Rosalía escapa

Bar Rosalia Xanelas XP23jpeg
Imaxe do choque entre Bar Rosalía (de verde) e Xanelas XP da semana pasada
O Bar Rosalía escapa

Disputouse a setima xornada da Liga de Fútbol Sala de Carballo onde se enfrontaban os dous únicos equipos que quedaban invito. Por unha parte o Bar Rosalía con catro partidos ganados e un empatado e o Dolce&Café con catro partidos ganados pero con un encontro menos.

Foi un partido moi disputado, sobre todo na primeira metade onde o Dolce&Café chegou a poñerse por diante no marcador cun gol de Héctor que controlou co peito un pase largo que o deixou só diante de Hadrián. De nada serviría o gol, xa que empataría o Bar Rosalía por medio de Diego Méndez antes do descanso.
Xa na segunda metade a superioridade númerica do Bar Rosalía, o Dolce&Café presentouse no partido con 4 xogadores de campo e o porteiro, doblegaría a férrea resistencia defensiva do Dolce&Café, unha vez superada a portería e cos folgos baixos dos xogadores do Dolce&Café o Bar Rosalía puxo distancia no marcador ata o rematar o encontro cun claro 5 a 1 ó seu favor.
Para o Rosalía marcaron Laik Borges, Iván Mato (2), Diego Méndez e Aitor Vilas; mentres que o tanto do Dolce&Café foi de Héctor Souto.

Ademais, a xornada completouse co choque Brasería Carballo - Cervecería Bombonera, que rematou 3-4 para a Bombonera, que sumaba así a súa primeira vitoria, malia ir perdendo por 3-1. O triplete de Hugo Fraga fundamental xunto o tanto de Nacho Pose, para anular os goles de Antonio Añón, Brais Rey e Iván Rey.

Tamén se xogou o choque entre Xanelas XP e Asesoría Afico, que gañaron os primeiros cun solitario tanto de Álex Collazo.

Así queda a táboa tras esta 7ª xornada:

Liga FS Carballo 2023-Xornada 7

Novas relacionadas

Comentarios