Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Liga FS Carballo: O Bar Rosalía voa

Equipo Asesoria AFico Liga Futbol Sala Carballo
O Asesoria Afico non puido co líder
Liga FS Carballo: O Bar Rosalía voa

Este luns disputouse a 10ª xornada da Liga de Fútbol Sala de Carballo, trala cal o Bar Rosalía empeza a escaparse no liderato da clasificación tras vencer ao Asesoría Afico por 4-2, e aproveitarse de que o Dolce&Café non foi capaz de facerse coa vitoria ante o Xanelas XP, caendo por 2-3.

No partido do líder, os goles foron de Daniel Mato, Iván Mato e Diego Méndez (2), e de Iván Lorenzo e Martín Castro polo Afico. Pola súa parte Diego Pérez marcou os 2 tantos do Dolce&Café, superados polos tantos de Zeus Añón e Fernando Varela (2) para o Xanelas XP.

Pola súa parte o Autocares Pombo conseguiu pola mínima (2-1) facerse cos tres puntos ante un Cervecería Bombonera moi competitivo. Os goles do Pombo foron de Fernando Rey e José Castro, polo de Víctor Iglesias para a Bombonera.

Novas relacionadas

Comentarios