#LigadaCostaFEM: Xornada a medias moi igualada
Con dous partidos, o esperado Camariñas-Corcubión e o Zas-Dubra, aprazados a esta vindeira fin de semana, a xornada da 3ª FEM quedou algo curta, con moita igualdade sobre o céspede.
3 Div. Fem., Gr. 3, xornada 3
As Miúdas - Ponteceso (0-1)
- As Miúdas: Zaira, Atenea, Leire, Carlota, Sabela, Iria, Nicole, Adriana, Sofía, Ana Romero, María González. Tamén: María García e Noa.
- Ponteceso: María Lema, Sabela, Maica, Lorena Chouciño, Laura Rod., Iria Baneira, Clara, Eva Carril, Lucía Pena, Oanes e Mirian. Tamén: Candela, Nerea, Tania, Tati e Virgi.
- Gol: 0-1, m.57: Eva dende lonxe.
Partido moi igualado no Eleuterio Balayo dando conta da mellora destes dous equipos en proceso de reestruturación. Saíron mellor as pondalianas de Pablo, tendo máis balón e xogando en campo contrario pero sen chegadas claras na meta de Zaira. Envorcou a situación no último cuarto de hora o equopo de Mané xerando ocasións de gol por parte de María González e Sofía, obrigando a María Lema a facer varios paradóns.
Volveron saír máis ordeadas e enchufadas as visitantes na segunda, e Eva fixo un bo gol de Eva de tiro dende o lateral da área grande. Aínda tiveron as visitantes algunha ocasión moi clara de Virginia ou Nerea, pero non acertaron ante Zaira, pero co paso dos minutos as muradás foron apretando e metendo ás visitantes na súa área, tendo varias ocasións, sobre todo tiros lonxanos e algunha falta, para poder empatar.
Xallas B - Outes (2-3)
- Xallas B: Valeria, Cali, Mar, Judit, Laura, Saray, Yaiza, Maneiro, Carmen Pena, Noe, Michelle. Tamén: Alba, Valeria Caamaño, Naiara, Marta Lago e Carmen Pombo.
- Outes: Lía, Fátima, Natalia, Cris, Graci, Antía, Carla, Erika, Leire, Gema Roo e Laura Lires. Tamén: Miriam, Marta Gerpe e Iria Buján.
- Goles: 0-1, m.14: Laura Lires; 1-1, m.27: Yaiza; 1-2, m.43: Laura Lires; 1-3, m.51: Laura Lires; 2-3, m.62: Yaiza.
Partido moi disputado cun Outes que contou co acerto da fantástica Laura Lires, pero que non fixo un bo partido co balón. A presión das de Noe Vimi provocaba numerosas imprecisións nas de Dani Salgueiro, se ben aproveitaron un despista das novas xalleiras para abrir o marcador. Non tardaron as locais en empatar, por medio de Yaiza, despois de varios avisos.
Tiveron aí as visitantes un par de chegadas nas que Laura facía o segundo antes do descanso, e nada máis volver dos vestiarios, o terceiro.
O tempo pasaba e o cansancio facía mella nas visitantes, por mor das baixas. O filial verde segiu apretando, Yaiza recurtaba e a piques estivo de completar o seu triplete e rascar o que tería sido o primeiro punto para as xalleiras.
Cerqueda - Cabana (1-3)
- Cerqueda: Inés, Mariña, Uxía, Sara, Alba, Saray, Irene, Tati, Lorena, Raquel e Tania. Tamén: Inés Amado, Antía, Valeria, Érika e Kayla.
- Cabana: Miriam, Idania (Begoña), Iria (Valeria), Mireia, Aroa, Inma, Alejandra (María Gómez), Silvia, Nerea (Sabela), Adriana (Natalie) e Irene.
- Goles: 0-1, m.28: Inma; 0-2, m.51: Adriana; 0-3, m.58: Irene; 1-3, m.62: Uxía.
Saíron máis enchufadas as de José Manuel, e puxeron a proba á brava Inés Bardanca, que frustraba unha e outra vez as chegadas cabanesas coa súa posición de líbero. Pero nunha desas internadas Inma estivo rápida e abría o marcador á media hora, ante as protestas locais por posible falta á porteira.
Xa no segundo tempo, empezaron mellor cos cambios as cerquedás, pero dous novos tantos tempraneiros de Adriana e Irene poñian distancia. Así e todo, as locais non deixaron de pelexar, sacaron o orgullo e se viñeron arriba, recurtando cungran gol de Uxía e afiando a meta visitante, tendo moi preto o 2-3 que ben as puido ter metido no partido.
A Baña - Soneira (0-4)
- Soneira: Karen (Paula); Cristal (Rosiña), Cris, Leila, Laura; Uxía (Maria), Agra (Loly), Sara P.; Luana (Daniela), Candela, Kenny.
- Goles: 0-1, m.5: Luana; 0-2, m.10: Kenny; 0-3, m.26: Kenny; 0-4, m.88: Kenny.
Partido dominado de principio a fin polo Soneira. As de Roland fixeron un partido moi serio serio, sentenciado practicamente aos 25 minutos, e sen sufrir atrás, deixando a porta a cero.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.