martes. 21.10.2025
El tiempo

1ª e 2ª FEM: O Dumbría venceu no primeiro derbi ante a Esteirana

Dumbria-Esteirana-Foto-Fandino copia
Imaxe do Dumbría-Esteirana-Foto- CF Dumbría
1ª e 2ª FEM: O Dumbría venceu no primeiro derbi ante a Esteirana

Era un choque esperado, con moitos reencontros, que deixou ademais un bonito partido no Conco. O Dumbría superou á Esteirana

As que seguen como avións son as Corviñas, que golearon de novo e seguen colíderes cun Tordoia que visita a semana que vén Esteiro.

1ª Div. Fem, xornada 5

Xallas - Rosalía (1-1)

  • Xallas: Rosío, Landi, Graci Ahinoa, Andrea Otero, Dani Berdullas, Noe Vimi, María Rial, Paula Barcia, Claudia Espasandín e Olalla. Tamén: Silvia, Soraya e Sara.
  • Goles: 1-0, m.45: Olalla de falta directa; 1-1, m.73: Laura Añón.

Mantense na 8ª posición o Xallas con 7 puntos, tralo empate colleitado na 5ª xornada. o Cadro de Eloy García Fateira enfrontouse a un gran rival, que impuxo un ritmo altísimo dende o comezo. As visitantes non permitían combinar ás xalleiras, pero estas tamén souberon presionar por momentos, e nun roubo, e tras unha falta, Olalla facía un golazo de falta ao fío do descanso.

Na segunda, as xalleiras replegaron e esperaron en bloque baixo. Estiveron moi seguras, arroupadas por unha gran Rosío. Espasandín, Oli, Barcia e Graci tiveron algunhas á contra, e tamén houbo ocasións de córner para ampliar a renda, pero nun balón ás costas da defensa as santiaguesas empataban.

Xogadoras do Xallas celebrando un valioso empate
Xogadoras do Xallas celebrando un valioso empate

2ª Div. Fem., xornada 4

Victoria C - Corme (2-3)

  • Corme: Lucía; Ana (Candela), Salomé, Laura, Lucía, Zeltia, Oli, Cris, Ana, Natalia (Nerea) e Claudia. Tamén: Aurora e Carla Vázquez.
  • Goles: 0-1, m.4: Nati; 0-2, m.15: Cris; 1-2, m.31: Naiara; 2-2, m.56: Julia Galán; 2-3, m.81: Cris.

Vitoria fantástica das cormeláns contra un equipo moi novo, pero que o final non deixa de ser un dos equipos do club referente de fútbol femenino, con rapazas novas pero con gran calidade técnica e física, e dos que mellor fútbol trata.

Así, o cadro de Rubén non puido combinar con balón, buscando balóns verticais e defendendo o movemento dun lado a outro das herculinas co balón. Pero as cormelás souberon xogar as súas cartas, e con desmarques de rutura conseguían superar as liñas, conseguindo meterse moi pronto con 0-2. As herculinas foron ampliando o seu dominio e conseguían empatar ao comezo da segunda. Eran momentos duros para as cormelás aparecendo aí a figura de Lucía Dourado. A meta cormelá, ademais de estar segurisima todo o partido, parou un penalti, que permitiu que o gol de Cris na recta final valese 3 puntazos.

Muxía - Orillamar (6-1)

  • Muxía: Sheila, Nerea Pazos, Andrea Piroja, Andrea Insua, María, Eva Lago, Raquel, Patri Romaní, Laura Doce, Barca e Eva Lema. Tamén: Vero, Marta, Elsi, Paula Rey e Nerea Barrientos.
  • Goles: 1-0, m.8: Laura Doce; 2-0, m.50: Eva Lema; 3-0, m.53: Laura Doce; 3-1, m.70: Sara; 4-1, m.75: Barca; 5-1, m.77: Eva Lema; 6-1, m.87: Barca.

Empezou marcando moi pronto o cadro de Noe Iglesias pero logo tardou en rompelo. E iso que durante o primeiro tempo puido marcar en varias ocasións, se ben as herculinas non baixaron a intensidade e tamén avisaron na meta defendida por Sheila. Foi á volta do descanso cando os tantos de Eva Lema e Laura Doce rompían xa o partido, a pesar de que as visitantes recurtaron, de contado as muxiás deixaron clara que este ano van por cada punto.

Muxia CF fem copia

Dumbría - Esteirana (1-0)

11 do Dumbria copia
As dumbriesas mandando un alento a Xime e Noa. Foto: CF Dumbría
  • Dumbría: Liss, Carril, Mariña, Laura, Sabela, Claudia Cundíns, Paula Fandiño, Elba, Carla, Alba e Yoli. Tamén: Lucía, Yaiza, Alicia, Lara e Carla.
  • Esteirana: Maruxa, Nerea, Sara Brión, Sandra Dosil, Melania, Lara, Lidia, Marta Piñeiro, Noe, Bárbara e Rut. Tamén: Uxia, Valen, Alicia.
  • Gol: 1-0, m.25 Claudia Cundíns.

Derbi de grandes expectativas, con reencontros como o de Fran Figueroa na sua volta ao Conco, así como o de varias xogadoras muradás no Dumbría ou ex dumbriesas vestidas agora de blaugranas.

Comezaba o partido coas de Santi Lira moi enchufadas, algo pouco habitual nas primeiras xornadas, pero co algo de ansiedade os últimos metros. As combinacións entre Paula Fandiño e Carla polo medio, e os balóns ás costas da defensa, facían dano nas visitantes. Sabela mandabaun balón ao pau moi pronto e pouco despois Carla Lago quedaba soa frente a Maruxa, pero a xogada sería anulada a xogada por fóra de xogo.
O partido era un ida e volta, e as blaugranas tamén daban chegado por medio de Rut e Bárbara ata que noutro pase filtrado por Carla que deixaba á defensa visitante parada pedindo fóra de xogo, Clauda quedaba no man a man e abría o marcador.

Seguían igualadas as forzas na segunda, con chegadas nas dúas áreas. Agora os duelos eran gañados polas esteirás que se atoparon cunha poderosa Liss na meta local e unha defensa moi sólida. Así foron pasando os minutos ata que o pitido final.

Brexo Lema - Cee (2-1)

  • Cee: Valeria, Lurs, Cris, Ramos, Caridad, Carolina, Nayara Casais, Naiara Vázquez, Lucía Martín, Laura e Sabela. Luchi, Noemi, Gala e Noa.
  • Goles: 1-0, m.14: Elena París; 1-1, m.49: Cris; 2-1, m.81: Alba Carreira.

Bo partido do Cee en Cambre que foi superior ao Brexo Lema. Pero o partido metíase costa arriba para as de rafa, cun gol ao comezo. Nonbaixaron os brazos as ceenses, e seguiu loitando para darlle a volta ao marcador. Tiveron algunha chegada pero os disparos non collían portería.

Na segunda parte tras varias internadas, Cris marcaría un fermoso gol nun centro chut que se colou por toda a escadra. O equipo costeiro non se meteu atrás e seguiu buscando a vitoria, pero tras unha falta no borde da área, as locais facían o segundo cando mellor estaban as ceenses no campo. Bo partido do Cee no que o resultado non fixo xustiza e na que Luchi volve aos terreos de xogo.

Máis crónicas da 1ª e 2ª Div. FEM

Máis info

Comentarios