martes. 07.10.2025
El tiempo

#LigadaCostaFEM: Comezou a rodar o balón

Imaxe do Zas-Camarinas fem
Imaxe do Zas-Camariñas. Foto: Sp.
#LigadaCostaFEM: Comezou a rodar o balón

Se nas 1ª e 2ª Div. xa van 3 xornadas, este domingo, arrincou o Gr.3 da 3ª Div. Feminina, é dicir, a Liga da Costa Fem. Unha liga con 12 equipos, con compañeiras de viaxe como o Dubra o A Baña, e na que parten como favoritas, a priori, equipos como o Camariñas, o Corcubion, que comezaron con vitorias ante Zas e Cerqueda.

Veremos como está o mellorado Outes, que goleou a un Ponteceso en reconstrución, ou o reforzado Soneira, que venceu ao filial do Xallas.

3ª Div. Fem., xornada 1

Xallas B - Soneira (0-2)

  • Xallas B: Valeria, Cali, Soraya, Paula Maneiro, Dani, Judit, Laura, Saray, Soraya, Yaiza, Noelia Traba e Michelle. Tamén: Mar, Carmen Pena, Marta, Noa e Carmen Pombo.
  • Soneira: Karen; Laura, Leila, Loly, Luana (Cristal); Uxia (Sara P.), Tamara, Aniña (Maria); Kenny (Agra) Dani (Candy), e Kelly.
  • Goles: 0-1, m.19: Kenny; 0-2, m.51: Kenny.

Boas sensacións no Soneira de Roland, que dominaron boa parte do partido, facendo un partido moi serio ante a estrea do filial xalleiro dirixido por Noe Vimi, xogadora do A. As soneirás metéronse por diante cos goles de Kenny, que xa avisa das súas intencións este curso, e se cadra puideron ter ampliado a distancia se estivesen máis acertadas.

Con todo, as xalleiras deron unha boa cara, aguantaron moi ben, moi intensas en defensa, tendo mesmo algunha ocasión que non foron capaces de materializar.

Zas - EFJC Camariñas (1-3)

Sporting Zas fem 25-26

  • Zas: Noe, Lucía Ares, Antía, Sar, Lara Ucha, Noe Alvite, Carnota, Ruth, Andrea Solís, Nuria, Sara e Nerea. Tamén: Tania, Lorena, Laura Canosa, Atenea e Valeria.
  • Camariñas: Desiree, Maira, Uxía, Rocío, Saray, Laura Pose, Brenda, Aitana, Yara, Paula Mouzo e Laura Paredes. Tamén: Ana, Lola, Dani, Lara e Alba.
  • Goles: 0-1, m.31: Laura Paredes; 0-2, m.65: Saray; 0-3, m.70: Nerea; 1-3, m.80: Brenda.

Arrincaba a Liga en San Andrés cun choque interesante no que as de Juan Cabrejo e Pepucho demostraron o paso adiante que dan este curso. Saíron mellor as camariñás ante un equipo de Anxo Garrido algo desenchufado, correndo detrás do balón. Avisaron en varias ocasións e foi Laura Paredes a que abriu o marcador á medira hora. Facía moito dano o segundo das camariñás, se ben Nerea recortaba distancias, envorcándose aí o cadro local, tendo varias ocasións, pero abríndose e deixando ocos para que as visitantes sentenciasen á contra.

As Miúdas - Dubra (1-2)

  • As Miúdas: Noa, Atenea, Leire, Iria, Ana Romero, Adriana Piñeiro, Sofía, Carlota, Sabela, María García e María Lestón. Tamén: Zaira, Alba e Nicole.
  • Goles: 1-0, m.25: María Lestón; 1-1, m.31: Noemí Baleato de penalti; 1-2, m.75: Lara Blanco.

Non puido empezar con vitoria o cadro das Miúdas a pesar de facer un bo partido e meterse por diante. As locais vían como o Dubra empataba de contado dende os 11 metros. Na segunda estaban ben as muradás pero non estiveron acertadas cara portería e as visitantes aproveitaron para levar os 3 puntos do Eleuterio Balayo.

Outes - Ponteceso (9-1)

outes fem 25-26 copia

  • Outes: Lía, Fátima, Antía, Natalia, Uxía, Marta, Alicia, Carmen, Carla, Gema Roo, Laura Lires. Tamén: Erika, Leire, Miriam, Sofía e Graci.

ponteceso fem 25-26 copia

  • Ponteceso: María Lema, Laura, Sabela, Nerea, Virgi, Eva Carril, Lucía Pena, Elena, Lucía Vila, Oanes e Iria Baneira. Tamén: Candela, Miriam, Maica e Tati.
  • Goles: 1-0, m.8: Gema Roo de penalti; 2-0, m.13: Laura Lires; 3-0, m.24: Laura Lires; 4-0, m.44: Carmen; 5-0, m.50: Laura Lires; 6-0, m.56: Laura Lires; 7-0, m.65: Carla; 8-0, m.82: Gema Roo; 8-1, m.88: Oanes; 9-1, m.90: Fátima.

Notou a estrea o cambiado Ponteceso na primeira xornada disputada no Cunchido, no que ademais do cambio de adestrador (Roke e Pablo tomaron o relevo de Curro) só quedan 5 xogadoras do ano pasado (unha boa columna vertebral, en todo caso, formada por María Lema, Laura, Virgi, Eva Carril e Oanes) e moita mocidade que se estrea no fútbol.

Saían as de Dani Salgueiro decididas a dominar na casa, con moitas gañas de afrontar unha nova temporada para seguir a liña ascendente destes dous anos de historia. E dominaron dende o primeiro momento, aproveitando ademais os ocos da defensa visitante. Marcou pronto Gema e Laura Lires e María Lema tiña que aparecer para evitar algún tanto máis. Dous goles antes do descanso e outros dous ao comezo xa destrozaron as ansias das pondalianas, que se viron abaixo.

Cerqueda - Corcubión (0-4)

  • Cerqueda: Inés, Mariña, Raquel, Sara, Inés Amado, Irene, Lorena, Alba, Uxía, Valeria e Tania. Tamén: Kayla, Leyre.
  • Corcubión: Xiana, Elisa, Alexandra Lojo, Sandra García, Lucía Garea, Sandra López, Carla, Ana Sierra, Andrea Romero e Jimena. Tamén: Xiana, Juliette, Tati, Lara e Andrea.
  • Goles: 0-1, m.20: Sandra López; 0-2, m.29: Sandra López; 0-3, m.55: Sandra López; 0-4, m.61: María Castro.

Volve ter problemas de efectivos o Cerqueda de Miguel Angel que se presentaba ao debut con apenas 13 xogadoras. En fronte, un serio Corcubión de Rubén Castillo, que rexeitou este ano subir de categoría pero que afronta a temporada como aspirante.

Os goles de Sandra López foron determinantes para sumar os primeiros puntos.

A Baña - Cabana (1-4)

cabana fem 25-26 copia

  • Cabana: Miriam, Idania (Sabela), Mireia,Iria (Valeria), Aroa (María Gómez), Inma, Alejandra, Laura (Nuria), Irene, Adriana (Begoña), Silvia.
  • Goles: 0-1, m.1: Silvia; 0-2, m.23: Myre; 0-3, m.49: Laura; 1-3, m.54: Lucía; 1-4, m.71. Inma.

Boas sensacións no Cabana de José Manuel, que xa comezaba presionando e marcando por medio de Silvia dando tranquilidade ao equipo para dominar a primeira metade. Myre, recén chegada do Ponteceso, e que dá un plus ao ataque cabanés, facía o segundo nun córner. Puido aumentar o marcador o cadro local que dispuxo de varias ocasións antes do descanso.

Xa no segundo tempo as locais estiráronse algo mais aínda e Laura nun lanzamento de falta poñia o 0-3. Recurtaba Lucia aproveitando unha indecisión na defensa cabanesa e Inma pechaba o marcador e os primeiros puntos para as “nerazzurri”.

Máis info

Máis novas do FUTFEM

1ª e 2ª Div. Fem

Comentarios