Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os maiores de 12 anos, con certificado Covid, poderán adestrar e xogar sen test nin máscara

PCR en Baio
Imaxe do protocolo na pretemporada no Platas Reinoso
Os maiores de 12 anos, con certificado Covid, poderán adestrar e xogar sen test nin máscara

Vén a actualizar o protocolo Covid a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, que autoriza, a partir de hoxe martes 2 de novembro, as seguintes medidas:

  • 1. Os maiores de 12 anos que acrediten dispor da pauta completa de vacinación (Certificado Covid) ou certificado de recuperación poderán adestrar e xogar sen a necesidade de facer test nin usar a máscara.
  • 2. Os maiores de 12 anos que non acrediten dispor do certificado de vacinación ou de recuperación deberán realizar un test covid dentro das 72 horas previas á disputa do partido para poder xogar.
  • 3. Os menores de 12 anos (nas categorías alevín, benxamín e prebenxamín) deberán seguir usando a máscara, tal e como establece a normativa vixente.
  • 4. Deixa de ser obrigatorio o rexistro das persoas que entran na instalación deportiva.
  • 5. Banquillos: Permítese o uso dos banquillos con normalidade. No caso de non poder manter a distancia de seguridade é obrigatorio o uso de máscara. En interior o uso da máscara é obrigatorio en todo momento.
  • 6. Os responsables Covid de cada equipo deben indicar na Intranet os xogadores que dispoñen de certificado de vacinación ou recuperación e aqueles que precisan realizar a medida alternativa (test).

Comentarios