Manuel Espasandín Romar foi presentado como novo subdelegado arbitral na Costa da Morte

Xa o sabemos dende hai varias semanas, pero esta mañá facíase oficial o relevo na subdelegación arbitral da Costa así como da Delegación da Coruña.
O presidente do Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol, Bernardino González Vázquez, presentou na sede federativa en Baio ao novo subdelegado na Costa da Morte, Manuel Espasandín Romar. O baiés (1990) é árbitro desde a tempada 2017/2018, dende creación da subdelegación da Costa da Morte, actualmente ten a categoría de 2ª Galicia, pero é unha persoa de consenso, ben considerada tanto no Fútbol da Costa como na Coruña. A cita serviu para agradecer a labor tremenda de Vítor Recarei Añón (que se despediu con gran emotividade na Gala do Fútbol da Costa) dende a creación da subdelegación. O listón queda ben alto.
Así mesmo, Javier González Arévalo foi presentado como delegado na Coruña, en substitución a Rubén Eiriz.
