En marcha o 36ª Torneo de Peñas Concello da Laracha
 
              
    10:36 05/07/23 
            Xa roda o balón no campo municipal da Laracha. O torneo “Concello da Laracha” de peñas de fútbol arrincou cunha rolda previa na que quedaron emparellados San Ramón C.F. e San Román de Veteranos. O partido, celebrado o pasado sábado , rematou resultado de 5-1 a favor do San Ramón.
O outro partido: Sporting Bértoa contra Canteras el Pozo suspendiuse por non poder disputalo Canteras el Pozo, pasando directamente a semifinais o Sporting Bértoa.
 
Son 6 as peñas participantes, polo que estes 8 e 15 de xullo xa se disputan as semis e a final. As semis serán:
- 10:00 h: San Ramón C.F.– Peña Paiosaco – Campo municipal da Laracha.
- 20:00 h: Sporting Bértoa – Veteranos Soandres – Campo municipal de Paiosaco
	O sábado 15 de xullo xogaranse a final (20:00 h) e o partido polo terceiro posto (18:00 h) no campo municipal da Laracha. En todos os casos a entrada para o público é gratuíta. 
 
       
       
             
             
             
             
         
           
          