En marcha un novo curso de monitor de Fútbol Sala

18:59 03/02/20
A Escola Galega de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol continúa co seu compromiso de actualización de técnicos de Fútbol e Fútbol Sala e agora pon en marcha un curso federativo intensivo de Monitor de Fútbol Sala que terá lugar en Dumbría.
A actividade formativa celebrarase nas instalacións municipais de O Conco desde o 29 de febreiro ata o 4 de maio nos seguintes horarios: sábado de 9 a 14 horas.
A inscrición para este curso xa está aberta e debe facerse online a través da páxina web da RFGF.