Venres. 29.03.2024
El tiempo

A miniLiga da Costa de 1ª Galicia xa ten calendario en www.futboldacosta.com

1ª Xornada da 1 Galicia da costa
O calendario completo en www.futboldacosta.com
A miniLiga da Costa de 1ª Galicia xa ten calendario en www.futboldacosta.com

Por fin, xa temos calendario en www.futboldacosta.com do grupo da Costa da 1ª Galicia, a que será unha miniLiga da Costa. Baio, Dumbría, Corme, Mazaricos, Ponteceso, Soneira e Volantes competirán cos santiagueses Belvís, Negreira e Tordoia co soño do ascenso á Preferente, pero sobre todo, co coidado de non descender.

A liga, que será retransmitida por QPC.tv, comezará con dous derbis: Corme-Soneira e Volantes-Dumbría. Algún destes campos seguro que estrea a nova plataforma dixital para súa retransmisión en directo.

Lembren que os 3 primeiros pasarán ao grupo de ascenso e o resto pelexarán pola permanencia en grupos de 5, entrando con determinados puntos en función da primeira fase. Descenderán os últimos dos 3 Gruipos de Permanencia e os 2 peores penúltimos, segundo o Plan Competicional da RFGF.

Máis info

Comentarios