Unha miniLiga da Costa na 1º Galicia
09:50 23/08/21
Saíu o Plan Competicional para a 1ª Galicia. Unha competición que arrincaría, se todo vai ben, o 17 de outubro, e que conta cun grupo con ampla participación costeira. O Gr.2 - Subgrupo B está formado por 10 equipos, dos que 7 son costeiros. Os veciños Negreira, Belvís e Tordoia completan a terna.
Os 3 primeiros pasarán ao grupo de ascenso e o resto pelexarán pola permanencia en grupos de 5, entrando con determinados puntos en función da primeira fase. Descenderán os últimos dos 3 Gruipos de Permanencia e os 2 peores penúltimos