Venres. 03.05.2024
El tiempo

Moito #FutboldaCosta para esta ponte

Copa da Costa 2024 - Copia de Copa Masc copia
Moito #FutboldaCosta para esta ponte

Vén axitada a ponte da Constitución para o Fútbol da Costa, cun mércores moi ben axitado, ademais da xornada normal do sábado 9 e domingo 10 de decembro.

Así, ademais da cita histórica da SuperCopa do Sofán en Balaídos, e das eliminatorias das Seleccións da Costa de Base de FUTSAL, este mércores 6 terá lugar a eliminatoria de Dezaseisavos da Copa da Costa 2024. Queda adiada unha das eliminatorias máis fermosas, o Xallas-Sofán, pola Supercoa, e hai varios choques adiantados para a mañá como o fermoso Soneira-Mazaricos.

Tamén as Ligas verán actualizadas as táboas aproveitando a ponte para disputar choques adiados no seu momento:

  • 3ª División Feminina:
    - X.7: 06/12 ás 11:00h: Dumbría - Dubra.
    - X.8: 06/12 ás 12:30h: Mazaricos-Camariñas.

Tamén se disputa boa parte da xornada aprazada o 4 de novembro polos temporais nas categorías de Xuvenís, Cadetes e Infantís.

Outros partidos como o San Lorenzo-Tordoia da x.10 da 1ª, queda para o 23/12 ás 16:00h.

Comentarios