Domingo. 28.04.2024
El tiempo

As Seleccións da Costa Alevín e Benxamín de Futsal buscan o pase á fase final do Campionato Galego

Imaxe amistoso entre a selección femenina e o Fisober onte en Dumbria
Imaxe amistoso entre a selección femenina e o Fisober onte en Dumbria
As Seleccións da Costa Alevín e Benxamín de Futsal buscan o pase á fase final do Campionato Galego

Este mércores 6 de decembro disputarase a fase previa do Campionato Galego de Selección comarcais de fútbol sala donde participa a Selección da Costa nas categorías, benxamín mixto, alevín femenino e alevín masculino. As Seleccións costeiras enfrontaranse ás selección de Ferrol, Lugo e A Coruña das que sairán dúas clasificadas para disputar a Fase Final que será no Concello de Narón o venres 8 de decembro.

A combinado benxamín mixto, adestrado por Raúl Corzón e Fran Toba, ten esta convocatoria e disputará os seus partidos no Municipal de Begonte nos seguintes horarios:

Seleccion da Costa Benxamin Mixta Futbol sala copia

  • 10:30 Ferrol vs A Costa.
  • 13:30 A Costa vs Lugo.
  • 17:30 A Coruña vs A Costa.

O combinado alevín femenino, adestrado por Javi Lires, con esta convocatoria, xogará no Municipal de Castro nos seguintes horarios:

Seleccion da Costa Alevin Feminina Futbol sala copia

  • 10:30 Ferrol vs A Costa.
  • 13:30 A Costa vs Lugo.
  • 17:30 A Coruña vs A Costa.

O combinado alevín masculino, adestrado por Sharay Caamaño e Dani Costa, con esta convocatoria, xogará no Municipal de Begonte os 2 primeiros partidos e no Municipal de Guitiriz o último, nos seguintes horarios:

Seleccion da Costa Alevin Masculina Futbol sala copia

  • 11:30 Ferrol vs A Costa.
  • 16:30 A Costa vs Lugo.
  • 19:00 A Coruña vs A Costa.

Comentarios