Venres. 03.05.2024
El tiempo

A marea vermella Sofán prepara a invasión a Balaídos para a Supercopa

Sofan Supercopa Galicia
A marea vermella Sofán prepara a invasión a Balaídos para a Supercopa

Cita histórica para a SD Sofán o este vindeiro 6 de decembro, coa participación na Supercopa de Galicia que o enfrontará ao Portonovo no estadio de Balaídos. A cita, a partir das 18.30 horas, forma parte do programa de actos de celebración do Centenario do RC Celta, e o cadro carballés estará acompañado por unha marea vermella. Son 8 (están pendentes do 9º) os autobuses que fletará o club, con todas as categorías e moitos afeccionados, para acompañar ao seu primeiro equipo neste desafío singular.

Os campións da Copa da Costa e da Copa Rías Baixas serán os que loiten por levantar esta primeira edición do trofeo que o acredita como o Supercampión de Copas.
A SD tivo que superar na súa semifinal ao Victoria CF a eliminatoria que tivo lugar na Ponte dos Brozos, en Arteixo. O resultado foi de vitoria para a SD Sofán (2-1) tras un envite trepidante.
O Portonovo superou ao Ribadeo FC na súa semifinal polo mesmo resultado.

Entrada de balde

A entrada para presenciar o partido será completamente de balde e habilitarase como única bancada a Tribuna Superior do estadio Abanca Balaídos.

Comentarios