O Muxía dá a sorpresa e elimina ao Sofán nos Cuartos da Copa da Costa

Volveulle pasar á SD. O equipo carballés, o mellor equipo do Fútbol da Costa, volveu caer antes do previsto na Copa da Costa. Como lle acontecía o ano pasado na Grixa, a diferencia de categoría non foi suficiente para que os de Pablo Torreira superasen a eliminatoria de Cuartos en Arliña. Un aguerrido Muxía pelexou ata o final, conseguíu empatar o partido no m.95 e acadou o pase ás semis, onde espera o Outes, a penaltis.
Todo nun fermoso partido que se tivo que disputar na tarde de martes no mítico campo muxián, no lusco e fusco, pola Fase de Ascenso á 3ª Fed. que disputa o cadro carballés.
Muxía - Sofán (1-1)
- Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Anxo, Kevin, Carlos Costa, Mauro, Iago, Isma, Roberto, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Adrián, Álex, Congui, Víctor Alcaina, Noé, Darío e Manu Martínez.
- Sofán: Gardu, Javi, Dani Becerra, Alex Sánchez, Dani Pena, Alexandre, Fabián, Dani García, Pablo Parafita, Marcos Montero e Eloy. Tamén: Brais, Iván Parafita, Iraitz, Isma Ramos, Martín e Braian.
- Goles: 0-1, m.74: Eloy; 1-1, m.95: Congui.

Comezaba o partido calmado, co Muxía deixando o balón e esperando sen présas, ante un Sofán que tampouco quería volver tolo o partido e controlaba sen excesos. A primeira foi igualada, cun Sofán que ás veces tiña que buscar xogo directo para traspasar as liñas dos muxiáns, pero sen grandes ocasións en ningunha das áreas. Si a SD tivo un par de achegamentos claros.
Na segunda, a saída de Braian e Martín deulle máis mobilidade por banda aos visitantes, que buscaron o arreón inicial para intentar adiantarse. Aguantou o Muxía ese impulso inicia (a SD pediría dúas penas máximasl pero noutra internada a 15 do final,chegaría o gol de Eloy nun pase filtrado que o deixa só contra o porteiro definindo a perfección.
Quedaba un cuarto de hora e o Muxía veuse arriba con todo, apretando con balóns aéreos ata que xa no 94, nunha xogada a balón parado e tras varios rebotes, o gran “capitano” Congui marcaría o empate.
Chegaba a lotaría de penaltis, e na meta muxiá estaba baixo paus Adrián trala lesión de Iván Bouzón (mándalle ánimo a familia corviña tras sufrir unha complicada rotura de clavícula). E foi el o protagonista, parándolle dúas penas máximas a Isma Ramos (o pichichi da 3ª FUTGAL), e a Pablo Parafita. No bando muxian Víctor Alcaina, Fran Moreira e Kevin marcaban, deixando a honra de marcar o 5º e definitivo a Manu Nogueira, que non fallou ante Gardu e levou aos seus á semifinal.
