Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Muxía masculino e Xallas feminino pasan a eliminatoria nocturna de Copa

Imaxe do Muxia-Soneira de Copa da Costa
Imaxe do Muxía-Soneira no Conco de Copa da Costa
Muxía masculino e Xallas feminino pasan a eliminatoria nocturna de Copa

Noite de martes, noite de Copa. A coincidencia dos partidos das fases de ascenso/permanencia coa Copa da Costa provoca situacións como a de onte, na que se disputaron, ás 21:00h, en campos con pouca iluminación nocturna, partidos de Copa. O Conco (o Muxía tivo que xogar de locatario no campo dumbries) e o Cairo acolleron sendos partidos dos Oitavos da Copa masculina e da previa da feminina, respectivamente.

O Muxía superaba no exilio a todo un Soneira, nun choque que chegou aos penaltis, acabando pasadas as 23:45h… Espéralle o Xallas aos de Leis e Lobelos.

Pola súa parte, o Xallas de Rupper sufríu tamén para superar a un gran Corme e meterse nos Cuartos, onde terá que enfrontarse ás Miúdas.

Copa masculina: Muxía - Soneira (1-1)

  • Muxía: Joselu, Michael, Congui, Maikel Mouzo, Isma, Kevin, Adrián Alcaina, Mauro, Alex Martínez, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Domingo, Javier Vilela, Anxo, Eloy e Iago Muíño.
  • Soneira: Javi Souto, Ángel, Aarón, Fabián, Pichi, Borja, De la Sierra, Richi, Cristian, Basti e Javi Souto. Tamén: Coke, Darío, Alex Figueiras, Maky e Gesto.
  • Goles: 1-0, m.35: Mauro; 1-1, m.93: Basti.

Partido típico de Copa, con moito respecto, moita tensión e poucos riscos. O Soneira saíu algo mellor na primeira metade, conseguindo superar a línea de presión do Muxía e chegando á área rival sobre todo polo lado esquerdo, con ocasións moi claras por medio de Basti, Javi, Borja ou Pichi. Pero era Mauro o que abría o marcador cun gran remate para os muxiáns no treito final da primeira metade.
Na segunda metade o Soneira seguía algo máis mandón pero máis precipitado. A expulsión de Richi no m.82 e as innumerables interrupcións fixeron que lle faltara continuidade no xogo aos de Pedro, pero non se marcharon do partido, e xa no desconto Basti tras un rechace no pau facía o empate. 

Arrincaba a prórroga coa expulsión de Aarón, polo que lle tocaba xogar media hora máis, un martes ás 23:15h, con 9, aguantando as embestidas muxiás e levando o choque á sorte dos penaltis, onde saíu cara para os locais.

O penalti final da vitoria, obra de Maikel Mouzo, que aproveitou un único erro nas filas soneiráns, o de Borja Gándara ao que lle parou Joselu.

Copa Fem: Corme - Xallas (4-5)

  • Corme: Belén, Aurora (Laura), Irene, Aroa, María, Cris, Lucía, Carla, Nari, Ana e Naroa. Tamén: Candela, Carla Vázquez, Salomé e Carmen.
  • Xallas: Rosio; Laura, Saskia, Ali, Andrea Otero; Luchy, María, Andrea Barbeira; Olalla, Paula e Yasmina. Tamén xogaron: Inés, Maite, Claudia, Yaiza.
  • Goles: 1-0, m.8: Ana a pase de Naroa; 2-0, m.24: Ana nun córner; 2-1, m.26: Olalla; 3-1, m.46: Naroa; 3-2, m.64: Olalla; 3-3, m.66: María; 3-4, m.75: Olalla; 3-5, m.85: María; 4-5, m.89: Naroa.

Que bonita é a Copa da Costa, valoran os dous conxuntos a pesar do complicado horario que fixo que moitas rapazas non puidesen estar estar. Foi un choque tremendamente igualado, unha tolemia de partido,  con varios nomes propios, como a central xalleira Saskia, a rapidísima Yasmina ou “a calidosa” Olalla.

Foi un choque con poucas posesións longas, pero si moita intensidade, sobre todo defensiva, a pesar dos 9 tantos. Adiantábase o Corme cun tanto en xogada entre Naroa e Ana e outro remate desta nun córner. Pero sen tempo a celebralo segundo, Olalla nunha xogada individual boisima recortaría distancias para ir co 2-1 o descanso.

Nada máis saír, Naroa pelexa un balón en longo e marca o terceiro. E aí o equipo de Rubén meteuse demasiado atrás insconcientemente e o Xallas comezou a dominar por completo ata darlle a volta ao marcador en 20 minutos e colocar 3-5 gracias a unha intensidade máxima. Tardaron en reaccionar as locais, que se volvían meter no partido no treito final pero sen tempo para levar o partido á prórroga.

Comentarios