Nova xornada marcada polo luto no Fútbol Costeiro
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com
Aoenas hai dous meses que marchaba Lucas Vicente Vidal, e a parroquia de Corme, e todo o Fútbol da Costa volveu poñerse de luto este domingo polo pasamento dun xogador do Corme CF de Veteranos. Un membro do equipo, natural da Coruña, perdía a vida ao remate do choque ante o SD Fisterra. O xogador xa amosaba certas dores durante o encontro, e despois de ducharse foi para o coche e sufríu un infarto. A pesar das intentonas de reanimación dunha enfermeira da directiva cormelá, e dos técnicos do 061, o home perdía a vida.
O suceso provocou o adiamento de varios partidos das ligas base que se xogaban despois no Cairo, e tamén o choque que o equipo sénior ía desputar pola tarde no Platas Reinoso ante o Baio.
Equipos vimianceses
A crónica
Non xogaba o Sofán por outro encontro adiado por COVID, así que toca comezar o repaso pola Preferente.
Fermosa estaba a xornada na 1ª Galicia, con varios partidos de alta voltaxe. Quecía a cousa o sábado co empate a 2 do Mazaricos e Soneira, sendo o cadro soneirán o primeiro que saca algún punto da Pedra de Ouro. Pero tampouco pasaron do empate Tordoia, ao que freou o Ponteceso, e o Negreira, que bastante fixo sacando un punto do Eleuterio Balayo ante un Volantes que estivo moitos minutos por diante. O Dumbría si que vencía ao Belvís, e a táboa queda supeditada aos partidos adiados do CD Baio, que afrontará unha costa de febreiro-marzo tremenda, con 6 partidos en 18 días.
Na Liga da Costa, polo sur, a Esteirana sufríu para vencer a un embalentonado Lira en Lombáns, e só puido romper a igualada contra o final. Por detrás, a atención estaba en Muros, onde o cadro local mandou ao Camariñas á 4ª praza, unha vez que o Muxía venceu ao Monte Louro en Agra da Filgueira.
Polo Norte, co San Lorenzo-Castriz suspendido, a gran nova da xornada foi a vitoria do Coristanco (2º) no campo do líder, un Cabana que agora queda con 2 puntos de vantaxa. Máis vantaxa ten co 4º clasificado, agora un Cerqueda que non pasaba do empate co Nantón, pero que está pendente do Castriz.
Había partidos moi importantes tamén na 3ª, como o do Cubaleiro, onde o Corcubión venceu ao Oza, e o alcanza na 3ª praza. Porteño e Xallas B non fallaron e se manteñen por arriba.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com