Novo curso de Monitor de Fútbol Base en Ponteceso
A Escola Galega de Adestradores da RFGF impartirá un curso de Monitor de Fútbol Base en Ponteceso durante os meses de agosto e setembro
O Curso desenvolverase no IES Eduardo Pondal de Ponteceso durante os meses de agosto e setembro en horario de 20:00 a 23:00 horas.
A presentación desta nova acción formativa tivo lugar onte pola mañá na Casa do Concello nun acto ao que asistiron o vicepresidente da FGF, Juan Villamisar; o director da Escola Galega de Adestradores, Iván Cancela; a vogal da FGF na Costa, Silvia Cancela; o delegado da federación na Costa, Manuel Corredoira; o presidente do Puenteceso SD, Álvaro Domínguez; o secretario do Puenteceso SD, Alberto Recarey; o primeiro Tenente Alcalde, Miguel Ángel González e a concelleira de Deporte, Raquel Fondo.
Inscricións
As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición desde hoxe 19 e ata o 5 de agosto, día no que dará comezo a actividade. Tanto as solicitudes como o abono das taxas e a documentación requirida na convocatoria deberán presentarse online a través da web www.futgal.es, apartado “adestradores/escola/
As datas presenciais concretas son:
- En agosto: 5, 6, 8, 12, 13, 14, 19, 20, 22, 26, 27 e 29
- En setembro: os días 2, 3, 5, 9, 10, 12, 17 e 19