O Dépor entra no Conco

15:11 20/12/17

Novo adiante do CF Dumbría como club. O equipo dumbriés asinou onte un acordo de colaboración en materia formativa (técnicos e xogadores) co RC Deportivo. Un xeito de seguir crecendo como club e seguir coidando a canteira, potenciando e ampliando miras para que os rapaces da zona teñan máis posibilidades de seguir ascendendo futbolisticamente.
Na presentación estiveron o presidente Dumbría César Ferrío, e o Coordinador de Base Óscar Leis, ademais dos responsables de captación do club herculino.
O acordo ten unha serie de beneficios para o club dumbriés:
- Promover unha sesión de adestramento por parte da coordinación do RC Deporgivo nas instalacións do Conco.
- Organización dun DeporCampus de verán para 2018 no Conco.
- Participación dos equipos do RC Deportivo nos distintos torneos que organice o Dumbría.
- Colaboración na formación de técnicos, asistencia ás instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo (charlas formativa, asisntencia a adestramentos), visitas de técnicos do Dépor para comparitr formación técnica.
- Posibilidade de amistosos en pretemporada entre ambos clubs.
- Establecer unha coordinación para que os xogadores con maior proxección do club poidan asistir a sesións de adestramento que lles permitan achegarse o máximo posible á dinámica. Asistencia a partidos do primeiroequipo do Depor en Abanca-Riazor.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).