xoves. 01.05.2025
El tiempo

Os Xuvenís arrinca a #CopadaCosta este sábado

Os Xuvenís arrinca a #CopadaCosta este sábado
Cadro da Copa da Costa 2016 - Copa Xuvenil 2016

Disputábase esta fin de semana a última xornada das Ligas Xuvenís con moi pouco en xogo. De feito xa estaba todo o peixe vendido, e os equipos xa estaban pensando no sorteo da #CopadaCosta que se celebraba este luns. Iso si, a última xornada deparou a primeira derrota do Xallas en toda a tempada, a mans dun gran Cee que está no seu mellor momento para afrontar, xunto os xalleiros, a Fase de Ascenso á Liga Galega. Os goles de Alex Agulleiro, Isma Alex Castro e Chiqui para o Cee foron toda unha cura de humildade para o equipo verde de cara a esta Fase.

En todo caso, xa todos pensan na Copa, que comeza este sábado santo, xa sen parada ata o 7 de maio, cando se disputará a finalísima.

Outras novas por Camariñas

Javi Antelo volve ao Camariñas Javi Antelo volve ao Camariñas

Javi Antelo, “O Bicho", como o coñecen la vila do Encaixe, volve a casa e xa debutará este xoves en plena Mostra na CopadaCosta. Volve tras estar dende comezo de tempada no Dumbría da Liga Galega Xuvenil unha vez que parece que o equipo ten moi complicado o ascenso. En principio xogará co equipo da 2ª Autonómica pero pode que meta unha man cos xuvenís.

Ademais, o Comité vén de cancelar a sanción de 2 anos e 300€ ao adestrador Javi Baña por exercer estando sancionado. O Comité aceptou as alegacións do club e Baña poderá sentarse esta semana no banco.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios