xoves. 01.05.2025
El tiempo

Os Xuvenís arrincaron ca verdadeira #CopadaCosta

Os Xuvenís arrincaron ca verdadeira #CopadaCosta
Cadro da Copa da Costa 2016 - Oitavos Ida res Agora si. Acabaron as probaturas, e as sosas liguillas sen nada máis en xogo que mante o ritmo. Chegaron os Oitavos da Copa da Costa Xuvenil 2016, (en plena Semana Santa…) e con ela as eliminatorias nas que un erro se paga moi caro. Poucas sorpresas, se ben houbo equipos que xa practicamente certificaron o seu pase a Cuartos. O Cabana, o Xallas, o Ponteceso ou o Castriz teñen un pé na seguinte fase, pero as outras 3 eliminatorias (Os Miúdos tiveron sorte no sorteo e pasaron por falta de equipos) aínda están por decidir. O Zas peleoulle ao Cabana pero os cabaneses deixan un resultado moi positivo para a volta. Tamén aguantou o Castriz moitos minutos ao Ponteceso, pero no último cuarto de partido deixou a eliminatoria encarrilada. Pouco puido facer a Esteirana ante o favorito, o Xallas, mentres que en Corcubión, o derbi ante o Cee estivo máis caldeado do normal. Un xogador corcubionés, Moure, foi expulsado e perdeu os nervos, deixando un incidente negativo, que non foi a máis gracias á responsabilidade do capi e do míster ceense. Mágoa porque o cadro corcubionés estaba prantando cara, empatando a 2 e con opcións, pero en dúas contras na parte final do choque, os ceenses sentenciaban. Partidazo tamén en Outes, onde o equipo local tiña moitas baixas. Dous equipos moi en forma que deixaron un bonito espectáculo e no que o Fisterra irá con vantaxe a Ara Solis. Tamén tiña baixas o Camariñas, que sucumbíu ante un serio Baio que se adianta de cara á volta no Platas Reinoso. O partido da Rocheira xa foi adiantado, e o cadro verde leva vantaxe para a volta.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios