Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Oza ascende á Liga da Costa e a Esteirana dá o penúltimo paso

O SD OZa ascenso a Liga da Costa
O SD OZa celebran do o ascenso á Liga da Costa
O Oza ascende á Liga da Costa e a Esteirana dá o penúltimo paso

Divertida xornada do fútbol costeiro con gran expectación, a dous días do esperadísimo sorteo da Copa da Costa, que se celebrará este martes 17 de maio ás 12:00h nos Muíños do Pozo de Cachón de Muros.

Comezamos o repaso da xornada (non poderemos facer crónicas completas) pola Preferente, onde ademais da vitoria do Fisterra, que segue recuperando sensacións para a competición copeira, tamén sumou 3 puntos fundamentais o Xallas na súa loita pola permanencia. O cadro de David González goleaba ao Escairón nun choque máis igualado do que di o 3-0, sumando agora un total de 17 puntos aos que só podería chegar o Residencia, tendo en conta que baixan 2 dos 3 terceiros. A incerteza é total a día de hoxe na familia xalleira.

Pouco que contar na 1ª, cun empate do Ponteceso que non lle vale para nada deixando algo vivo ao Volantes de cara á última xornada, na que non dependerá de si mesmo. O Corme, descendido, caía de novo.

Esteirana vs Muxía

Esteirana-Cabana
Imaxe do Esteirana-Castriz-Foto: Adriana Fdez.

O foco da xornada estaba posto na Liga da Costa e na 3ª. A Fase de Ascenso á 1ª segue a ser un man a man entre Esteirana e o Muxía. Queda unha soa xornada, e as dúas vitorias manteñen aos dous equipos igualados a puntos e só o golaveraxe xeral da temporada coloca ao cadro esteirán por encima, polo que podería alzar o título e ratiticar o ascenso na última xornada en Cabana.
Sufríu o cadro esteirán ante un Castriz que chegaba co 7 baixas. Na primeira xogada de ataque local, Code abría o marcador sacando un feixe de nervios. Tras unha primeira metade mo igualada sen ocasións, a Esteirana saíu polo empate, pero pouco a pouco o cadro de Miguel Chouza deu un par de pasos adiante e obrigou á Esteirana a botarse atrás. Tivo Martín Gemelo o empate, pero a madeira repeliu o medo, acabando o choque poñendo en perigo o título dun cadro blaugrana que está sabendo aguantar as embestidas a base de enteireza.

Mentres, en Arliña o Muxía non fallaba ante o Cabana e sumaba 3 puntos para seguir esperando o choque esteirán que lle permita cantar o alirón.

Muxia-Cabana
Muxía-Cabana

O Oza, novo equipo da Liga da Costa

Espectacular a fazaña deste SD Oza, que na súa primeira temporada como equipo federado, vén de concretar o seu ascenso á 2ª Galicia,. O cadro carballés dirixido por Fofi vencía na finalísima ante o Pereiriña celebrando así o ascenso no campo ceense do San Paio de Refoxos. De nada valiu a vitoria do Porteño, que despois dun temporadón, o equipo de Cousillas queda ás portas da gloria.

Un día antes, o Corcubión recibía o título de campión da Liga, permitíndose celebrar o ascenso cunha goleada.

Corcubion campion da Terceira
O Corcubión recibindo a Copa de campión da 3ª

Veteranos

O gran choque de Veteranos celebrábase no Pinguel, onde o Ponteceso perdía as súas opcións de título (mantense tranquilamente no 4º posto) ante todo un San Lorenzo. O equipo de Verdillo vencía e se mantén cun punto de vantaxe sobre todo un Zas, e 3 sobre o Dumbría a falta de dúas xornadas. De feito, zaseiros e dumbrieses enfróntanse a semana que vén, polo que o San Lorenzo espera estirar a vantaxe.

A que rematou foi a 1ª División. Ademais do Bértoa que xa certificara o seu ascenso, confirmaba o pase á D.H. o Leiloio.
Ademais, Corme, Oza, Malpica e Nantón métense no playoff.

Veteranos de Lelloio ascenso
Os Veteranos de Lelloio celebrando o ascenso

Comentarios