Venres. 26.04.2024
El tiempo

Pablo Costa e Raúl Lema do Fisober participaron coa Selección Galega nos Campionatos de España de Fútbol Sala base

Raul Lema e Pablo Costa
Pablo Costa e Raúl Lema coa camisola da Selección Galega
Pablo Costa e Raúl Lema do Fisober participaron coa Selección Galega nos Campionatos de España de Fútbol Sala base

A Semana Santa acollía en varios puntos da península os Campionatos de España de Seleccións do fútbol sala base. E en varios dos nosos equipos había representantes costeiros.

Especial mención ten o Fisober, con doble presencia. No Campionato de España Alevín, celebrado en El Ejido, participou o muxióan Raúl Lema Díaz. O combinado galego quedou subcampiós de España tras perder a final contra Cataluña por 5-2.

Raul LEma coa galega
Imaxe da Selección Alevín con Raúl Lema no medio da fila de abaixo. Á dereita, a delegada xalleira Silvia Cancela

Ademais, no Campionato de España infantil, celebrado en Salou, un dos destacados da Irmandiña foi o dumbriés e tamén xogador do Fisober Pablo Costa Carabel. Os galegos caeron na prorroga das semifinais contra Illas Baleares por 3-2.

Seleccion Galega Feminina de Futsal
María Bardanca, terceira pola dereita, coa Selección Galega Infantil. O subdelegado costeiro Manuel Corredoira, primeiro á esquerda

A expedición costeira completouse coa presencia de María Bardanca, como auxiliar da Selección Infantil Feminina, que caíu na prórroga da final contra a selección catalana por 4-3.

Comentarios