domingo. 01.12.2024
El tiempo

Pablo Mallón e Lelo falan do derbi pontecesán: “Un derbi é un derbi sexa a hora que sexa”

Lelo e Pablo Mallon
Lelo e Pablo Mallón enfróntanse no seu primeiro derbi entre Corme e Ponteceso
Pablo Mallón e Lelo falan do derbi pontecesán: “Un derbi é un derbi sexa a hora que sexa”

Esta fin de semana, a gran cita da xornada (podedes ollar a Previa Arbitral), é o derbi pontecesán. Ponteceso e Corme enfróntanse, no Platas Reinoso e en horario matinal, nun momento no que os dous se posicionan como auténticos candidatos ao título.

Falamos cos seus adestradores, que viven o seu primeiro derbi branco e azul na categoría.

Lelo, toda unha vida en Corme

  • QPC: Toda a vida en Corme, pero este é o teu primeiro ano como adestrador do primeiro equipo. Que tal responde a plantilla? Responde? Quedaches sorprendido con algo concreto, con algunha reacción, de algún deses rapaces que levas vendo crecer toda a vida e que agora están ás túas ordes?

A plantilla véxoa moi ben, con gañas, transmitindo ilusión e mou comprometida co que necesita o equipo.

  • QPC: Como valoras entón este salto ao fútbol sénior? Sínteste cómodo e vai para longo, ou botas de menos a canteira?

Practicamente todos os que entrenei nos Xuvenís dixéronme: “vés como acabaches nos maiores?”. Cando remataban aquela etapa de xuvenís sempre me dicían cousas como: “oxalá volveramos a coincidir nun vestuario, míster”. E ao final así foi.

Entrenar ao primer equipo sempre fui o soño para min. Non tiña pensado que fose este ano pero as cousas viñeron así, e agora toca traballar.
Síntome na casa, e cando un está na súa casa, sempre está cómodo.
Cando empecei cos Xuvenís pensei que sería un ano e foron 7. Así que non me atrevo a dicir se vai para longo ou non. Eu disfruto do momento e o que teña que xa virá.

 

Pablo Mallón, novo adestrador do Ponteceso

  • QPC: Que valoración fas do club un un par de meses despois da túa chegada a Ponteceso? Que é o que máis che sorprendeu? E como valoras o plantel? que che parecen as incorporacións como Xuco, Abel… Son importantes?

A verdade e que a valoración é moi positiva. É pouco tempo aínda, pero o que vexo é que hai moitas ganas de facer as cosas ben. Temos unha directiva moi xoven e moi traballadora, con moitas ideas, moitas propostas para mellorar en tódolos aspectos e volcada ó cen por cen co clube e con cada persoa que forma parte do mismo.
Creo que tanto a directiva, corpo técnico (Roque e Manolo son fundamentales neste apartado) como xogadores, sabemos o que se espera de nós, intentámolo dar e o máis importante, que tiramos todos xuntos hacia o mismo lado.
Sinteste como na túa casa, ou como si levaras moito tempo xa, e eso crea un vínculo especial, que fai que loites máis ainda polo grupo.
No que respecta ás incorporacións, todas son importantes, pero non máis que as da xente da casa que ven de juveniles como José ou á xente que ven da canteira e que é o baluarte e bastión fundamental da filosofía do clube. Neste clube, cobra o mismo Adrián, juvenil que debutou o domingo pasado, que calquera das incorporacións que fixemos, cero euros. Si estamos aquí a xente de fora, é para sumar, para intentar aportar, e siempre nas mismas condicións que a xente da casa, para loitar cada día por ser mellores a nivel colectivo e que o Ponteceso esté o máis arriba posible.

 
  • QPC: Esperabas estar tan arriba dende tan cedo?

Estar arriba ahora non significa nada. O ano pasado a estas alturas o equipo estaba líder con cinco victorias en cinco partidos e faltando bastantes xornadas para o final de liga quedou sin opcións de nada.
Hai que levar unha línea constante de traballo, facer as cousas con seriedade durante unha temporada enteira e ter esa pizca de fortuna necesaria para estar arriba ó final.
Ese é o objetivo, traballo, seriedade e constancia. Si con eso estamos arriba, perfecto, sinón, a seguir cos mimos valores para o ano e intentar mellorar.

 

Preguntas para ambos sobre o derbi

  • QPC: Como chegades a este derbi (baixas, estado de ánimo…)?

- Pablo Mallón: Aday, Ferre e Brais son baixas, pero nunca escusas. Desee o meu punto de vista chegamos a este encontro con sensacións encontradas. Traballamos máis que nadie, xogamos o balón con moito sentido e damoslle velocidade ó xogo cando a situación o precisa, pero cometemos erros, erros en varias facetas do xogo, que nos fan encaixar máis do que debemos e marcar menos do que merecemos. Esos erros son os que intentamos mellorar para perfeccionar a nosa maneira de entender o futbol.

- Lelo: Creo que chegamos ben. No último partido puidemos contar con case toda a plantilla, e para o domingo espero ter a todos disponibles.

 
  • QPC: O derbi xógase no Platas Reinoso, en horario matinal. Cal é o motivo? Influirá no devir do partido?

- Pablo Mallón: En Baio xogamos porque o noso campo está en obras, estase facendo unha reforma integral que nos ten desde hai tempo no “exilio” Queda en teoría un mes de plazo para que rematen e sólo lle pido, desde a miña humilde posición, ó Concello e por ende, á empresa adjudicataria, que cumpran o plazo de entrega, porque como na túa casa, non estás en ningún lado. Con esto quero aproveitar para, tanto a titulo personal, como en nome do clube, darlle as gracias a directiva, corpo técnico e xogadores do Baio polas facilidades que día e día nos conceden, poñendo nas nosas mans todo o que eles teñen.
Pola mañá o encontro será por 2 motivos fundamentalmente: o primeiro porque varios xogadores non poderían estar domingo á tarde por temas de traballo e motivos personais; e o segundo porque son as festas do Pilar en Ponteceso, a maioría dos xogadores teñen comidas familiares pola festa e xa estamos todos os domingos durante o ano marchando da mesa nas comidas coa nosa xente, pois este domingo poderemos disfrutar tranquilamente cos nosos.
Propúxemoslle ao Corme xogar sábado a tarde pero eles non podían, polo que xa lle comentamos que se non podían sábado, ía ser domingo ás 12:00 en Baio.
Soprende o horario aquí na Liga da Costa, pero pola zona de Coruña e en categorias superiores, moitos equipos xogan os seus partidos como locais os domingos á mañá, todo é acostumarse.

- Lelo: O Ponteceso dounos a posibilidade de xogar o sábado ou domingo ás 12:00. Nós o sábado non tiñamos a toda plantilla disponible e decidimos xogar domingo.
Un derbi é un derbi sexa a hora que sexa.

 
  • QPC: Que factor (xogador, tácticas…) cres que vai ser determinante no derbi?

- Pablo Mallón: É un derbi, o que menos esperes pode ser determinante. Todos nos conocemos e sabemos das virtudes do contrario, pero estos partidos moitas veces son diferentes, e podes prever ou programar cosas e en dous minutos todo cambia. Eso é un dasmotivos polo que son tan bonitas estos encontros.

- Lelo: Dependerá do día que teñan os “killers” dos dous equipos, iso seguro. Despois depedenderá de quen sepa contrarrestar mellor as armas do rival.

 
  • QPC: É importante gañar este derbi para afrontar o vindeiro mes de competición ou será un partido máis?

- Pablo Mallón: Un derbi siempre é bonito ganalo e que o que perda siempr quedará “rascado”, pero é moi cedo e non é determinante para nada. Habrá vida despois do derbi…

- Lelo: O que gaña sempre sae reforzado, pero eles xogan na casa e de non gañar sería peor para eles que para nós.

 
  • QPC: O ano pasado quedastes 2º e 3º de Liga. Considerádevos este ano favoritos para o ascenso? Cal é o obxectivo de cada un?

- Pablo Mallón: Cada ano é diferente. Non se pode comparar os factores e planteles deste ano co pasado. Este ano está na liga o campión da Copa da Costa, hai conxuntos que se reforzaron moito e ben como Cerqueda, Baiñas ou Cee, equipos fortes que acumulan xente de moita calidade canexperiencia de xogar xuntos varios anos e con incorporacións importantes que os fan temibles, caso do Muxía, San Lorenzo, Corme ou Castriz…
Non sei onde estaremos nós ó final de temporada, pero o que teño claro e que pelearemos domingo a domingo pola victoria e por acadar un posto de honor na liga con estos grandes conxunto.

- Lelo: Por plantilla e resultados dos últimos anos, claro que asumimos estar no abano de favoritos. O Ponteceso, tal e como se reforzou, é evidente que quere ascender.

 
  • QPC: Cal é a seña de identidade do teu equipo? A que xoga o teu equipo? Cal é a túa premisa?

- Pablo Mallón: A seña de identidade de este equipo non é miña, está implícita no ADN de estos xogadores. Tanto os novos fichaxes coma eu temos que acoplarnos a el porque é bonito, efectivo e dun rigor táctico e estético por momentos incríble.
Nos, como corpo técnico, o que intentamos e variar certas cousas para mellorar o rendimento final, pero sin tocar ese ADN.

- Lelo: Este equipo xoga ao fútbol coma poucos, e iso e innegociable. Pero si creo que temos que mellorar defensivamente e de momento non o estamos conseguindo.

 
  • QPC: Como valoras esta tempada a Liga da Costa? Que equipos estarán arriba? Haberá algunha sorpresa?

- Pablo Mallón: Todo o mundo coincide en que vai ser moi competida e máis igualada que estos últimos anos. Nestas xornadas xa houbo sorpresas e algún dos que a priori debería estar arriba , non aparece nos primeiros postos. A sorpresa neste comezo está claro que é o San Lorenzo (espero que siga aí toda a liga) e creo que Castriz e Coristanco poden facer boa temporada.
Por arriba, soño con que nos podamos pelexar de tu a tu cos mellores equipos.

- Lelo: Creo que xa se está vendo que está Liga vai ser dura, moi dura. Muxía, Ponteceso, Esteirana e Corme seguen sendo para min os cocos. Tamén tiña que estar o Baíñas pero non empezou ben, aínda que queda moita liga. Vexo o Malpica e máis o Cee que poden subirse perfectamente ao carro dos favoritos. E como sorpresa vexo ao San Lorenzo e Muros que empezaron moi ben a Liga e os dous son moi fortes na casa.
Este mes empezan os enfrontamentos directos e veremos coma andan os equipos.

 

Comentarios