Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O Paiosaco de Veteranos alzouse coa 36ª edición do Torneo de Peñas da Laracha

Paiosaco Veteranos. Campión (1)
O Paiosaco Veteranos, o Campión
O Paiosaco de Veteranos alzouse coa 36ª edición do Torneo de Peñas da Laracha

Rematou este fermoso torneo de Veteranos. O Paiosaco Veteranos conseguíu o título do Campionato de Peñas de Fútbol “Concello da Laracha” tras vencer na final por 1-0 a Sporting Laracha no encontro disputado o pasado sábado no Campo Municipal da Laracha.

Sporting Laracha. Subcampión Penas
O Sporting Laracha, Subcampión

A primeira metade foi moi igualada, cos dos conxuntos mostrándose sólidos en defensa e sen crear ocasións claras de gol. O marcador estrearíase ao comezo da segunda metade, cando Bruno finalizou con acerto un pase de “Papá” para facer o único tanto do encontro.
Coa obriga de buscar o empate, Sporting Laracha arriscou na última media hora e xerou perigo principalmente con balóns colgados á área. Mesmo celebraron un tanto de Lou de cabeza que foi anulado por fóra de xogo. Nos últimos minutos Paiosaco Veteranos, aproveitando o cansazo de Sporting Laracha, tamén puido pechar o partido ao contraataque con outro gol invalidado polo colexiado e un man a man que Rama non foi quen de materializar.

Os trofeos foron entregados polo alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Deportes, Patricia Bello.

Paiosaco Veteranos. Campión Penas Laracha 1

Sporting Laracha. Subcampión

Comentarios