Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O partidazo entre Os Miúdos e o Corme en clave de killers

Rubén Lago e Samu Costa analizan o ED Os Miúdos - Corme CF
Rubén Lago e Samu Costa analizan o ED Os Miúdos - Corme CF.
O partidazo entre Os Miúdos e o Corme en clave de killers

Este sábado, Os Miúdos e o Corme enfrontaranse no Eleuterio Balayo nun partido que pode deixar vista para sentenza a Liga da Costa xuvenil xa que ambos equipos encabezan a clasificación cos mesmos puntos aínda que os da vila do Roncudo contan cun partido máis.

Para analizar este decisivo partidazo que disputarán muradáns e cormeláns, dende Que Pasa Na Costa quixemos falar con dous dos homes que poden decidir o encontro cos seus goles como son Rubén Lago e Samu Costa.

Os protagonistas

Rubén Lago, xogador do ED Os Miúdos

  • QPC: Como estás vendo ao Corme neste tramo final de tempada?

R.L.: Moi ben, sobre todo con esa vitoria contra o Cabana que era unha "final" para os dous equipos, nun partido que soubo sacar ben cun claro 4-1.

  • QPC: Que aspecto cres que presentarán as bancadas do Eleuterio Balayo para presenciar este partidazo?

R.L.: Seguramente que virá bastante xente de Corme e aquí, a xente de Muros está ilusionada, polo tanto, esperamos unha grada chea.

  • QPC: Como está a afección dos Miúdos para vivir este encontro de vital transcendencia ante o Corme?

R.L.: Moi ilusionada como che dixen e bueno van deixar a voz no campo seguro, xa que afeccións como a nosa hai poucas e nestes partidos nunca fallan.

  • QPC: Que agardas deste partido que pode ser decisivo de cara ao título de liga ante o Corme?

R.L.: Nos esperamos facer un bo partido e gañar. Tamén temos que ser inteligentes, sabendo que senón podemos ganar a liga o sábado, non perder o partido sería importante para poder ganala nunha das dúas últimas xornadas.

  • QPC: Atreveríaste a dar un resultado para este encontro?

R.L.: Creo que vai ser un partido complicado pero vai acabar decantándose a favor nosa por 3-1 ante un grandísimo rival.

Samu Costa, xogador do Corme CF

  • QPC: Como estás vendo aos Miúdos neste tramo final de tempada?

S.C.: A verdade é que moi fortes durante toda a tempada, demostrando que son un equipo moi regular e que sabe moi ben ao que xoga e que non só depende das individualidades.

  • QPC: Que aspecto cres que presentarán as bancadas do Eleuterio Balayo para presenciar este partidazo?

S.C.: Por parte deles non o sei, pero por parte nosa, estou seguro de que imos encher Muros.

  • QPC: Como está a afección do Corme para vivir este encontro de vital transcendencia ante os Miúdos?

S.C.: Como sempre que nos xogamos algo! Levan toda a semana facendo chamamentos dende as redes sociais do clube e de xente moi unida ao Corme, algo que é moi de agradecer porque se nota moito á hora de xogar que a xente te veña animar pero que che vou dicir se o demostran cada vez que poden.

  • QPC: Que agardas deste partido que pode ser decisivo de cara ao título de liga ante Os Miúdos?

S.C.: Creo que eles nos van a esperar atrás xa que o empate lle vale e saben que no Cairo tiñamos baixas e que o resultado non foi tan acorde coa realidade, así que espero un partido similar ao que xa tivemos con eles nas semifinales de Copa do ano pasado.

  • QPC: Atreveríaste a dar un resultado para este encontro?

S.C.: Estou confiado e creo que imos gañar 1-4.

Comentarios