Luns. 21.10.2019
El tiempo

Peke e Dani Rama dannos a súa visión dos cuartos de final da Copa da Costa

Peke (CD Baio) e Dani Rama (SD Esteirana) analizan a volta dos cuartos de final da Copa da Costa. Fotos: David Castro.
Peke (CD Baio) e Dani Rama (SD Esteirana) analizan a volta dos cuartos de final da Copa da Costa. Fotos: David Castro.
Peke e Dani Rama dannos a súa visión dos cuartos de final da Copa da Costa

Baio e Esteirana veranse as caras por cuarta vez esta tempada e farano nun Platas Reinoso que será o xuíz que decidirá cal dos dous equipos estará nas semifinais desta Copa da Costa.

Logo dun partido de ida no que os esteiráns lograron unha mínima vantaxe, agárdase un encontro de volta moi aberto, o que fai que poida suceder calquera cousa nunha eliminatoria que analizamos con Peke e Dani Rama.

Os protagonistas

Adrián Touriñán “Peke”, xogador do CD Baio

Peke (CD Baio)

QPC: Como viches o partido de ida desta eliminatoria de cuartos de final no que a Esteirana se levou a vitoria ante o Baio por 1-0?

P: Partido no cal non estivemos cómodo e no que a Esteirana se adiantou rápido, algo que nos pesou bastante no noso xogo. Aínda así intentamos empatar pero non houbo sorte.

QPC: Logo dunha gran tempada ligueira, imaxino que queriades poñer a guinda coa Copa. Como están os ánimos no vestiario para afrontar o partido de volta no Platas Reinoso?

P: Somos un grupo moi unido e o que queremos é loitar por estar na seguinte rolda. Sabemos que é difícil pero estamos con moitas ganas.

QPC: Que agardas da Esteirana para este encontro decisivo de cuartos de final?

P: Coñecemos á Esteirana dos tres enfrontamentos que tivemos e cremos que nos van esperar atrás e tratar de aproveitar algunha oportunidade. Teñen bos xogadores e son perigosos.

QPC: Atreveríaste a dar un resultado?

P: Váleme calquera resultado con tal de que pasemos.

QPC: Hoxe por hoxe e tal e como están as eliminatorias, a quen ves como o gran favorito para facerse pola Copa da Costa?

P: É moi difícil dicir un favorito, todo está moi igualado e calquera a pode gañar.

Dani Rama, xogador da SD Esteirana

Dani Rama (SD Esteirana)

QPC: Como viches o partido de ida desta eliminatoria de cuartos de final no que a Esteirana se levou a vitoria ante o Baio por 1-0?

D.R.: Pois pareceume un partido moi igualado, no que os dous equipos saltamos con moito respeto cara o rival. Nós soubemos aproveitar a nosa oportunidade e incluso puidemos de gozar dalgunha ocasión para aumentar o marcador.

Intentamos conter ao Baio cunha presión alta sobre os seus xogadores máis destacados e intentando non deixar espazos nin recibir fácil a MC, que no único erro que cometemos tivo unha oportunidade para cambiar o resultado da eliminatoria.

QPC: Logo dunha tempada moi complicada, imaxino que tal e como se está dando a Copa supoño que teredes toda a intención de ir a por todas. Como están os ánimos no vestiario para afrontar o partido de volta no Platas Reinoso?

D.R.: A nosa foi unha tempada de altibaixos, na que aínda que descendemos soubemos pelexar e ser competitivos ata o final. Acabamos ca sensación de que fomos a máis pero erramos en partidos claves.

O equipo está moi ilusionado con esta Copa por nós mesmos, pero sobre todo polos afeccionados, os cales non nos abandonaron durante toda a tempada. Por eles, queremos intentar chegar o máis lonxe posible.

QPC: Que agardas do Baio para este encontro decisivo de cuartos de final?

D.R.: Pois agardo un Baio que tratará de facer o seu fútbol combinativo e de busca de espazos para os seus homes clave de ataque.

Imaxino que intentarán presionarnos dende o comezo do partido.

QPC: Atreveríaste a dar un resultado?

D.R.: Pois evidentemente calquera que sexa favorable a Esteirana pero valeríame un 0-1 coma no partido de ida. Ambos equipos temos xogadores desequilibrantes e intentaremos que a balanza caia do noso lado.

QPC: Hoxe por hoxe e tal e como están as eliminatorias, a quen ves como o gran favorito para facerse pola Copa da Costa?

D.R.: As categorías están por algo e o que salga vencedor desta eliminatoria vai ser o favorito. Sen menospreciar a ningún equipo vexo tamén favorito ao Corme.

Comentarios