luns. 16.03.2026
El tiempo

PonteFriki consolídase como referente dun mercado emerxente

PonteFriki 2026 1
PonteFriki consolídase como referente dun mercado emerxente

Cansada pero moi satisfeita atópase a familia da Asociación Carnavales Ponte do Porto PonteDisfraz. Foi axetreada a fin de semana coa celebración da segunda edición da feira PonteFriki, pero a sensación é aínda mellor que á do ano pasado. Todo ademais, coa intuición de que este evento chegou para quedar, e para convertirse nun referente a nivel estatal, facéndose oco nun mercado cada vez máis puxante e emerxente.

O pavillón da Ponte estivo ateigado para o gran evento de cultura xaponesa, gaming e lecer alternativo da Costa da Morte. Sobre todo na xornada do sábado, pois o concerto da pianista Elesky foi un importante foco de atracción de xentes de toda a provincia: dende Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra e xentes tamén da Costa da Morte.

PonteFriki 2026  Elesky
Elesky na Ponte

Dende a entidade valoran ademais a cantidade de rapazada participando activamente nos talleres, nos concursos, nos torneos… I é que a feira pegou un enorme salto cualitativo este ano duplicando o seu espazo e actividades, e boa medida gracias ao “apoio total” municipal.

E aí, a cita serve tamén de foco de atracción de xentes doutras zonas, e de feitos moitos dos stands viñeron de Canarias, Madrid, Valladolid, León, Barcelona, Asturias e mesmo de Portugal. Xentes de toda a península que quedaron encantados coa nosa comarca, pero tamén coa decoración e o impulso nesta segunda edición.

Inauguracion do Ponte Friki 2026
Imaxe da inauguración do Ponte Friki 2026

Na inauguración, a rexedora Sandra insua quixo deixar claro que "o apoio do Concello de Camariñas é e será total e absoluto a esta aposta valente e innovadora", e subliñou que "cando a veciñanza ten iniciativa e traballa arreo para traer vida, lecer e cultura ao noso municipio, a obriga da administración é estar aí, arrimando o ombreiro”.

Para rematar, augurou "un futuro brillante e moi esperanzador" para PonteFriki, felicitando á organización polo seu incansable traballo desinteresado. "Estades a converter, por mérito propio, á Ponte do Porto na capital da cultura alternativa de toda a Costa da Morte. E iso é algo do que todos os camariñáns nos sentimos profundamente orgullosos", sentenciou Insua.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

PonteFriki 2026  5

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Máis novas

Comentarios