venres. 07.02.2025
El tiempo

Os e as pichichis de inverno no Fútbol da Costa

Raul Corzon xogando co Zas en Camelle
Raul Corzón xogando co Zas en Camelle
Os e as pichichis de inverno no Fútbol da Costa

Rematou a primeira volta en case todas as categorías do fútbol costeiro. E aproveitamos para facer un repaso aos e ás pichichis do que vai de campaña.

1ª FUTGAL

Isaac Fabregas celebrando un gol
Isaac Fábregas celebrando un gol co Fisterra

Espectacular a presenza de 2 fisterráns no alto da táboa da 1ª, ademais como máximos goleadores dos 6 grupos da categoría. Porque os números tanto de Diego Estévez (Dumbría) como de Isaac Fábregas (Fisterra) son tremendos. O xogador do Dumbría suma 21 goles (1,4 por partido) e o do Fisterra (19, unha media de 1,12).

Por arriba tamén aparece Borja Gándara (Castriz), con 11 goles, e Riki Moya (San Lorenzo), con 10.

Liga da Costa

Djibril (Camariñas) é o pichichi destacado da Liga da Costa, e ao que estaá botando de menos o líder nas últimas xornadas, nas que falta por estar de viaxe ao seu país. O senegalés suma 17 goles (1,3 por partido), polos 13 dun mítico goleador como MC (Baio), e os 12 de César Lojo (Corcubión).
Un pouco máis lonxe, con 8, quedan outros nomes destacados da categoría como Via (Soneira), Mario (Camarias) ou Bryan (Mazaricos); e con 7 aparece, ollo, o eterno Doro (Xallas), Yuyo (Porteño), Dani Jurjo (Muros), Eze (Cee) e Xián (Monte Louro).

3ª FUTGAL

Grandes números na 3ª, cun nome destacado: Raúl Corzón. O xogador do Zas suma 22 goles (1,7 por partido). Perto se atopan os xogadores do Sofán B Isma Ramos (18) e Adrián Vázquez (17), o pichichi do curso pasado. Aparece moi preto tamén un clásico como Raúl Lestón (Volantes) que demostra estar por riba da categoría, e tamén Salah (Cerqueda) con 14 goles, ou Lucas (Camelle) e Nacho Pose (Oza) con 12.

FUTFEM

Dumbria-Xallas  -Foto-CFF Dumbria 3
A dumbriesa Eva Lema no derbi ante o Xallas-Foto-CF Dumbría

Espectacular a presenza costeira no alto da táboa de goleadoras da 2ª División. A dumbriesa Eva Lema suma 18 goles (1,38 goles por partido), seguida a só un tanto de distancia pola malpicá do Cee Paula Veiga (17, 1,2 por partido).
Moi preto está xa Olalla, e iso que a xalleira estivo un mes ao comezo de liga sen poder competir, pero xa está a pleno rendemento.
Ademais, Paula Fandiño (Dumbría) demostra o seu poderío a balón parado con 10 goles.

Dumbria-Xallas  -Foto-CFF Dumbria Olalla
Olalla co Xallas no derbi ante o Dumbría - Foto- Dumbría F

Aínda non rematou a primeira volta na Liga da Costa FEM, pero avanzamos tamén como está a cousa. No Gr.2, o Norte, o da Costa, a cormelá Naroa suma xa 18 goles (ollo 1,8 por partido), para manter invicto o líder. Con 15 está Patri Romaní (Muxía), e con 10, Julia (Bergan B), e as tamén cormelás Carla Pose e Cris Veres.

Con 9 atopamos a Graci (Mazaricos), Andrea Rod. (Ponteces), e a muxiá Nerea, que suma un gol máis que a súa compañeira Barca, que encabeza a lista con 8 tantos, con Andrea Romero (Corcubión), María (Soneira), e Nerea (Zas).

Comentarios