Pleno de equipos inscritos no Fútbol da Costa para a 2ª e 3ª Galicia

Rematou este martes o prazo de inscrición para os equipos da 2ª e 3ª Autonómica de cara á esta campaña 2021/2022. Foron un total de 375 equipos os inscritos nas ligas do fútbol modesto galego, practicamente o 100% dos que estaban en competición antes da pandemia, segundo sinala a Real Federación Galega de Fútbol.
As ligas de 2ª e 3ª Galicia arrincarán a segunda quincena de outubro de 2021.
No Fútbol da Costa, a cousa é semellante, cun 100% dos equipos inscritos, incluso con novidades.
18 equipos inscribíronse para a 2ª e 10 para a 3ª (coas novidades de Xallas B, Oza e At. Pereiriña), co que quedarán unhas ligas espectaculares.
Únense ao Sofán da 3ª RFEF, aos Xallas e Fisterra de Preferente, e aos 7 equipos costeiros na 1ª, sumando un total de 38 equipos do fúbol costeiro, que quedarán así repartidos:
2ª Galicia da Costa 2021/2022
- U.C. Cee.
- Buño S.D.
- S.C.D. Malpica.
- S.D. Esteirana.
- Sporting Zas.
- Lira C.F.
- S.D. San Lorenzo.
- S.D. Coristanco.
- Cabana S.D.
- Muxía C.F.
- S.D. Castriz.
- U.D. Cerqueda.
- Outes F.C.
- C.D. Baiñas.
- C.D. Muros.
- C.D. Nantón.
- U.D. Montelouro.
- Camariñas F.C.
3ª Galicia da Costa 2021/2022
- Xallas F.C. B.
- U.D. Corcubión.
- C.F. Porteño.
- S.D. Laxe.
- Camelle S.D.
- S.D. Ameixenda.
- C.F. Castrelo.
- Sporting Seaia C.F.
- S.D. Oza.
- Atlético Pereiriña F.C.
En canto saian os calendarios, estarán inseridos en www.futboldacosta.com, e ademais este ano poderemos vivir grandes novidades mediáticas do fútbol costeiro que pronto iremos desvelando.